HomesociedadeEscultura en madeira con motoserra no IES A Pinguela

Escultura en madeira con motoserra no IES A Pinguela

O escultor Eugenio Linares, veciño de Tuiriz, fixo un moucho lector para o centro de ensino monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Eugenio Linares, asturiano e veciño de Tuiriz, no Concello de Pantón, realizou hai uns días unha exhibición de talla en madeira no IES A Pinguela. O artista plástico demostrou as súas habilidades de escultor coa motoserra diante da comunidade educativa que puido seguir o proceso creativo en vivo.

Eugenio Linares nos comezos do traballo de talla. Foto: IES A Pinguela.

O traballo deste artista plástico rematou coa elaboración dun moucho lector “que inspirará aínda máis a sabedoría no noso alumnado”, dicía con satisfacción o director, Enrique Sampil.

A obra rematada, “totem académico” en palabras de Sampil, forma parte do xardín botánico do centro educativo.

Alumnado co moucho. Foto: IES A Pinguela.
Enrique Sampil co escultor e a obra rematada. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Completa programación para a X edición da Feira Guímara

A Feira Guímara deste 2025 arrincará ás 12:00 horas co pregón a cargo de Belén...

A conciencia social e a provocación de Antón Valcarce seguirán latexando

Este mércores faleceu aos 73 anos de idade o escritor e cantautor monfortino, Antón...

O IES A Pinguela renova a dereito de uso do Selo Vida Saudable

Por Orde ECD/2475/2015, do 19 de novembro, créase o distintivo de calidade de centros...

Opinión: Pura fantasía!

Desde pequeno gardo unha relación especial co celuloide. Foi co meu irmán Lois ,ao...