HomesociedadeRibas de Sil homenaxea ás súas cereixas, o 1 e 2 de...

Ribas de Sil homenaxea ás súas cereixas, o 1 e 2 de xuño

Durante a fin de semana, a Praia Fluvial de San Clodio será un compendio de actividades culturais, de música, de lecer… e gastronómicas, "promocionando as cereixas, o aceite, o viño, os nosos produtos agrarios e un dos enclaves turísticos máis importante do municipio. Haberá ambiente de festa onde atopar produtos naturais, espectáculos para nenos e maiores, actividades de pintura. Incorporamos a alfombra do Corpus que se fai na igrexa", explica desde a organización, Roberto Castro.

Publicado o

POR
Ana Belén Fernández
- Advertisement -

A Praia Fluvial de San Clodio, capital de Ribas de Sil, acolle na primeira fin de semana de xuño unha nova edición desta festa gastronómica que ten como protagonista ás cereixas, pero que tamén presenta os viños e aceites que se elaboran en Ribas de Sil.

“20 anos é un tempo importante que demostra que a festa está máis que consolidada, unha festa pequeniña pero que ten o seu encanto polo escenario no que se celebra e porque se están probando produtos sacados da árbore na mesma mañá. Os produtores de cereixa son das aldeas de Figueiredo e de Casares, extremo máis ao leste do municipio cunhas características bioclimáticas especiais; é unha zona privilexiada, alonxada das xeadas e alí adiántase 15 días a produción de cereixa”, explica Roberto Castro, tte alcalde de Ribas de Sil.

Hai 20 anos, cando a festa comezou, eran 7 os colleiteiros de cereixa, esta fin semana serán 3, o que segundo a organización é mostra da falta de relevo xeracional que hai no sector agrario. Para darlle máis contido á festa pronto de sumou o aceite á celebración. “Incorporouse o aceite ao segundo ou terceiro ano, aínda que o reclamo é a cereixa moitos dos colleiteiros elaboraban tamén aceite e decidiuse sumalo. Nos últimos dous anos incorporouse tamén o viño”, apunta Roberto Castro.

Festa da Cereixa, do Viño de do Aceite / Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Así, nesta 20 edición participan 5 adegas da subzona de Quiroga-Bibei: Val de Quiroga, Casa de Outeiro, EDV  2005 Viticultores, Lar de Torrenovaes e Pazo de la Cuesta. Esta última adega vén de ser recoñecida como a adega familiar máis antiga de Galicia, “Pazo de la Cuesta ocupa o Pazo do Batanero, edificio do XIX, unha das diferenzas con outras adegas. Está ligada a un proxecto de enoturismo que cando arrinque traerá a moitos visitantes que virán a ver o Pazo e os xardíns, coñecerán a viña e rematará todo cunha cata”, sinala Castro. “O viño é o que máis complemento económico dá ás familias da zona. O 50% da produción para os viños da DO Ribeira Sacra prodúcese no val de Quiroga”.

O escenario da Festa complétase con artesáns locais con todo tipo de elaboracións artesanais, tamén na produción de alimentos, “Con produtos moi frescos e moi naturais. Os produtores de cereixa, son produtores de aceite, e as adegas tamén teñen aceite; aceite de moita calidade”.

Festa da Cereixa, do Viño de do Aceite / Concello de Ribas de Sil

Durante toda a fin de semana haberá degustación destes produtos e o domingo abrirán, durante todo o día, o Centro de Interpretación da Minaría Romana de San Clodio e o Centro de Interpretación do Río Sil, “Os dous centros da Rede Museística do Xeoparque Montañas do Courel, existentes no municipio”.

O domingo ás 13:00h. será o pregón a cargo de José Antonio Quiroga Díaz, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Minutos antes do pregón presentarase o novo logotipo do Xeoparque.

A Festa da Cereixa de Ribas de Sil é unha invitación a gozar deste delicado froito nun ambiente natural ao carón do Sil, coñecer os atractivos culinarios dos seus produtos e as diferentes elaboracións artesanais, sen falta á música a media tarde. Desde a organización, Roberto Castro convida tamén a aproveitar a fin de semana para coñecer os recursos turísticos do municipio, “Pode aproveitarse para facer unha visita virtual á Abadía. Temos unha aplicación que a través do móbil permite recrear como sería a Abadía e camiñar por ela cunha recreación en realidade aumentada. Algo virtual enriba do existente, é unha experiencia chula que ten varias opcións para afondar na nosa historia. Pode aproveitarse esta fin semana”.

Programación da XX Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil

Sábado, 1 de xuño

Durante a mañá, degustación de cereixas e produtos típicos no recinto feiral.

  • 18:00h. Apertura da exposición de pintura na aula de pesca. Xornada de pintura ó aire libre.
  • 18:00h. Actuación do grupo de Gaitas “O RECANTO”
  • 21:30h. Actuación de Catuxa Salom

Domingo, 2 de xuño

Durante a mañá, degustación de cereixas e produtos típicos no recinto feiral

  • Exposición de pintura na aula de pesca.
  • Apertura durante todo o día do CIMAR e do CIRS, os dous museos do Xeoparque en Ribas de Sil.
  • 11:00h. Exposición da alfombra de flores do Corpus Christi no atrio da igrexa parroquial de San Clodio.
  • 11:30h. Animación musical a cargo da charanga Km0 e do grupo tradicional “O Ventosiño” (Programa Tradigalu).
  • 12:55h.Presentación do novo logo do Xeoparque “Montañas do Courel”,
  • 13:00h. Pregón a cargo de José Antonio Quiroga Díaz (Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil).
  • 18:00h. Animación a cargo da charanga Km0
  • 20:00h. Actuación de Paco Nogueiras.

Festa da Cereixa, do Viño de do Aceite / Concello de Ribas de Sil

ÚLTIMAS

Torre da Homenaxe en verde este 21 de xuño no Día Mundial da ELA

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral...

Quiroga formará a traballadores de atención a persoas con dependecia e axuda no fogar

O ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no seu Plan de...

Este 21 de xuño preséntase no Auditorio de Chantada o proxecto do Museo Manuel Jorge

A xornada incluirá un coloquio e unha visita ao edificio que albergará o museo,...

286.000€ para a mellora do Aeródromo das Lamas en Monforte

Asfaltarase o firme da pista de voo a través de aglomerado en quente e...