HomeOpiniónA ANPA do CEIP Plurilingüe A Gándara de Monforte quéixase da falta...

A ANPA do CEIP Plurilingüe A Gándara de Monforte quéixase da falta de apoios

Dende a ANPA do C.E.I.P. Plurilingüe A Gándara de Monforte de Lemos queren deixar constancia das dificultades polas que está a atravesar o colexio no relativo á atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, así como no relativo á xestión e funcionamento do centro.

Publicado o

POR
ANPA CEIP Plurilingüe A Gándara
- Advertisement -

A ANPA da GÁNDARA, que conta con 100 familias asociadas ten entre os seus fins os seguintes:

  • Asistir aos pais, nais e aos/ás titores/as en todo o que afecte á educación dos seus fillos e fillas.
  • Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, reclamando a actuación que esta merece.

Durante este curso 2023-2024 diverso alumnado de primaria foi privado do seu dereito á asistencia de apoio en Audición e Linguaxe, así como unha redución de apoios de Pedagoxía Terapéutica, de xeito unilateral e sen notificarlles tal circunstancia aos pais e nais dos nenos e nenas afectados/as.

A isto hai que engadir que, debido a graves problemas do centro en canto a xestión e organización dos recursos, estes apoios non son estables xa que cambian practicamente tódalas semanas (número e distribución das horas e persoal asignado) o que supón un gran desaxuste tanto para os/as alumnos/as como para os/as especialistas. Para os/as primeiros/as, porque son nenos/as que precisan dunha rutina, manifesta tanto nos informe do Equipo de Orientación Específica Provincial, como na propia lexislación.

A carencia dos apoios educativos estalles a ocasionar: condutas disruptivas, inseguridades, desaxustes emocionais, baixada do rendemento académico; algúns/algunhas nenos e nenas non dan alcanzado os obxectivos do curso… Tamén a mala organización dos poucos recursos de apoio educativo non lles permite avaliar a fondo as necesidades de cada alumno/a e polo tanto tampouco programar correctamente a súa intervención, xa que en moitos casos os horarios de dedicación cambian dun día para outro e de xeito unilateral.

Tamén cabe mencionar que as familias destes/as nenos e nenas non están sendo informadas nin dos apoios asignados ós/ás seus/súas fillos/as, nin de cantos destes se están facendo efectivos, nin dos cambios semanais que se están a producir. Notar que segundo a lexislación vixente débese notificar tal circunstancia aos titores e titoras legais. Toda esta problemática estase a traducir nunha total incerteza en toda a comunidade educativa polo que algunhas familias están buscando alternativas de calidade para educación dos/as seus/súas fillos/as.

Derivada desta situación, foi presentado un escrito de reclamación ante a Consellería de Educación coa sinatura de familias afectadas de xeito directo, indirecto e de tódolos/as mestres/as e especialistas do primeiro ciclo de primaria no que se solicitaba, entre outros puntos:

  • Que se esixira ó centro a correcta xestión e reparto dos recursos de tal xeito que chegue a todo o alumnado en atención ás súas necesidades.
  • Que se respectaran as funcións dos/as especialistas e demais profesionais no ámbito das necesidades especificas de aprendizaxe acorde á lexislación vixente.
  • Que se lle garantira ós/ás cativos/as unha estabilidade baseada en figuras de referencia de acordo cos obxectivos, fins e principios do sistema educativo (LOMLOE).

A situación en lugar de mellorar está a empeorar considerablemente:

  • As familias seguen sen ser informadas por escrito dos apoios que reciben os/as seus/súas fillos/as.
  • A data actual, o centro vai polo/a sexto/a orientador/a tamén de baixa, algo totalmente inédito, sen que a Consellería dea unha resposta a tal circunstancia, sendo o CEIP A Gándara un colexio cunha alta porcentaxe de alumnado con necesidades de apoio educativo no Concello de Monforte de Lemos. O departamento de orientación está totalmente paralizado e dende a dirección do centro non se dá resposta a non realizar as valoración e informes obrigatorios para a asignación de recursos de apoio ó centro que lles permitan a estes/as nenos/as recibir a atención que tanto precisan.

CEIP Plurilingüe A Gándara / XdL

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...