HomesociedadeGraduación de 2º BAC do IES Francisco Daviña Rey

Graduación de 2º BAC do IES Francisco Daviña Rey

Crónica do acto que tivo lugar días atrás para festexar o fin de ciclo do alumnado de 2º de Bacharelato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado 7 de xuño o IES Francisco Daviña Rey celebrou a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. O acto tivo lugar xusto despois da ABAU para que puidesen asistir sen preocupacións nin agobios debido aos exames da proba.

Como é habitual, o alumnado acudiu acompañado polos seus familiares e amigos: un total de 260 persoas que puideron gozar dunha velada moi familiar. “Se por algo se caracteriza o IES Francisco Daviña Rey é pola proximidade que todo o persoal docente e non docente amosa cara ós rapaces/as e ás súas familias. A atención personalizada é un signo de identidade que caracteriza o instituto, o cal quedou claramente patente no desenvolvemento da graduación”, comentan dende a Dirección do centro de ensino monfortino.

O acto comezou co discurso de benvida da directora Raquel Aira González no cal fixo fincapé no feito de que os anos de formación que tiveron no centro (uns desde 1º da ESO; outros incorporáronse en 1º de bacharelato) deberían de ser a base para xestionar a nova situación á que o alumnado se ía enfrontar desde o momento en que obtiñan o título de bacharelato, pois iso implicaba na maioría dos casos cambiar de centro, de lugar de residencia e mesmo de amizades.

A seguir interviron os titores dos dous grupos de alumnos: os de Humanidades e CC.SS. e os do Bacharelato Científico-Tecnolóxico. Estes en clave de humor repasaron moitas das anécdotas vividas ao longo do curso. Por suposto, o alumnado tamén leu o seu discurso e proxectouse un vídeo elaborado polo propio alumnado onde se repasaban os momentos máis salientables dos seus dous anos de bacharelato. Así mesmo, non faltou o momento máis solemne de toda graduación: o recoñecemento do esforzo realizado polo alumnado mediante a colocación dunha simbólica banda.

Para rematar o acto, algúns dos alumnos e alumnas do centro amenizaron a tarde coa interpretación de varias pezas musicais tradicionais e houbo uns petiscos para os asistentes.

A xornada tivo, como punto final, a tradicional cea de despedida compartida polo alumnado e o profesorado.

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...