HomesociedadeArrestópolis para acabar coas vivendas inaccesibles

Arrestópolis para acabar coas vivendas inaccesibles

COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, concéntrase este mércores 28 de novembro para presentar a campaña Arrestópolis, que denuncia a falta de accesibilidade en edificios de vivendas.

Publicado o

- Advertisement -

As concentracións teñen por obxecto presentar a campaña #Arrestópolis de COCEMFE nacional (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) para denunciar a falta de accesibilidade en edificios de vivendas. Segundo estes colectivos, os problemas de accesibilidade manteñen encerradas na súa propia casa a persoas con discapacidade, por eso reivindican o dereito á vida independente e a unha vivenda digna.

Actualmente, só o 0,6% dos 10 millóns de edificios de vivendas de España compren de maneira total a regulamentación en materia de accesibilidade, a pesar de que o pasado 4 de decembro finalizou o prazo legal para que todos os produtos, bens, contornas e servizos foran accesibles.

#Arrestópolis pretende lembrar que hoxe en día hai moitas persoas que non poden saír das súas casas. Tamén se busca sensibilizar a toda a cidadanía na cadea de accesibilidade para que non exista ningunha persoa présa sen ter cometido delito algún.

A campaña presentarase simultaneamente en 37 concentracións repartidas pola xeografía nacional, este mércores día 28 a partir das 11.00 da mañá. Na provincia de Lugo haberá concentracións na Praza Maior de Lugo e na Praza de España de Monforte.

ÚLTIMAS

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...

Conta atrás para o ‘Entroido de Budián’

A Asociación Cultural Entroido de Budián (Acedre-Pantón) impulsa un ano máis a celebración deste...