O que fai diferente a estas opcións de centros é a proximidade e contacto estreito coa vila e a súa veciñanza. Lucía Mayo, educadora social na Fonsagrada e Meira, compara estes centros cos ultramarinos da vila de toda a vida: “Ti vas, tes unha confianza co tendeiro, sabes que ten unha mercadoría pensada na xente da vila, ao mellor non tes tanta oferta de cousas, pero tes o que queres e precisas, non é como un supermercado, onte tes de todo, custa elixir e non tes contacto case, máis aló dalgo cordial. é cordial”. Existe así un sentimento de comunidade, un arraigo que permite “tentar paliar os sentimentos de soidade non desexada neste momento vital”.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

