Homesociedade'Escola de campaneiros' na parroquia da Ermida, en Quiroga

‘Escola de campaneiros’ na parroquia da Ermida, en Quiroga

A idea xorde, en palabras do crego Jesús Río Ramilo, "ante a necesidade de encontrar campaneiros que presten este servizo o día da festa".

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Coincidindo coa novena dos Remedios e achegándose a coroación canónica da Virxe dos Remedios, o vindeiro 9 de setembro na parroquia de Santa María da Ermida, en Quiroga, un grupo de rapaces de Quiroga aprenden a tocar as campás da igrexa parroquial antes dos oficios relixiosos.

A idea de crear esta “escola de campaneiros” xorde, en palabras do crego D. Jesús Río Ramilo, “ante a necesidade de encontrar campaneiros que presten o seu servizo o día da festa. Os máis vellos, que son os que saben, van morrendo e sen iniciativas coma esta os máis novos non se animan a tomar o relevo”.

O cura de Quiroga, reflexiona tamén sobre o valor patrimonial inmaterial das campás e o oficio que se vai perdendo: “antigamente, o son das campás era omnipresente e constituía un dos elementos máis importantes da paisaxe sonora das aldeas. A chegada dos novos medios de comunicación primeiro, e despois a electricidade, relegou estes toques a un papel secundario, e pouco a pouco os campaneiros van desaparecendo”.

Na parroquia da Ermida non contemplan a electrificación do campanario como unha opción entendendo que nunca será o mesmo o toque mecánico que pode ofrecer hoxe a técnica que o toque manual, moito máis humano. Neste senso, Río Ramilo lembra tamén que “por algo o toque manual de campás español forma parte dende o ano 2022 da Lista Representativa de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO”.

Igrexa da Ermida. Foto: Jesús Río Ramilo.
A PROCESIÓN DA VIRXE DOS REMEDIOS

O domingo día 8, día da Virxe dos Remedios, oficiaranse misas ás nove e media, ás once, ás doce e a unha. Esta última será con procesión, na que habitualmente saen abrindo paso á mesma as emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas.

O Meco acompañado das Pampórnigas na procesión na honra da Virxe dos Remedios. Foto: XMF

O luns 9 de setembro, contarase cun acto eclesiástico moi especial, xa que é o día escollido para a coroación canónica da Virxe dos Remedios que se celebrará durante a Eucaristía, despois da tradicional procesión na que participarán tamén as Pampórnigas e o Meco.

Música tradicional acompañando a procesión da Virxe dos Remedios. Foto: XMF
Procesión Virxe dos Remedios na Ermida / XMF

ÚLTIMAS

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...