HomesociedadeMúsica para todos os públicos e actividades variadas nas Festas do Carme...

Música para todos os públicos e actividades variadas nas Festas do Carme 2024 de Sober

Comezan o vindeiro venres 13 e contarán, entre outras propostas musicais, co grupo local Os Parentes, La Penúltima Sabinera, a banda monfortina de rock Doc Magoo’s, e a orquestra Combo Dominicano.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Todo listo para que comecen as Festas Patronais de Sober, que terán lugar do 13 ao 16 de setembro cun feixe de interesantes propostas musicais e outras actividades familiares, de lecer e gastronómicas.

Para abrir boca, o venres 13 comezará o I Torno de Catán ás 20:00 h. e un pouco máis tarde, ás 22:30 h. actuará o grupo local Os Parentes.

Os Parentes en Monforte. Foto: Os Parentes.

Chegando ao sábado 14 pola mañá haberá un pasarrúas a cargo do Grupo Brabán, Misa Solemne ás 13:00 h. e sesión vermú a continuación con ‘El Mundo de Sofía’.

Pola tarde, ás 19:30 h. un espectáculo familiar de teatro, “De Vilatriste a Vilalegre” e ás 21:00 h. un dos mellores tributos a Sabina no escenario: “La Penúltima Sabinera”. Para pechar a noite, gran concerto de rock a cargo da banda monfortina Doc Magoo’s dende as 23:00 h.

DOMINGO 15

Pasarrúas, acompañamento á procesión e sesión vermú coa Banda de Música de Sober. A Misa ás 13:00 h. e a sesión vermú ás 14:00 h.

Banda de Música de Sober en Acedre (2024). Foto cedida.

Pola tarde, sesión de lecer familiar co espectáculo “Picadiscos” de María Faltri e dentro do programa de dinamización lingüística ‘Falaredes’ da Xunta de Galicia.

E para pechar a xornada, dende as 21:00 h. gran concerto da orquestra ‘El Combo Dominicano’.

LUNS 16

Ás 12:00 h. Misa na Igrexa Nova e ás 20:30 h. a esperada Paella Xigante e de balde para todas e todos co Mestre cociñeiro José Arias. Acompañamento musical da man do grupo Eclipse.

ÚLTIMAS

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...