HomesociedadeEncontro para a participación veciñal na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio...

Encontro para a participación veciñal na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, este 13 de setembro no mosteiro de Santo Estevo

O encontro terá lugar este venres, 13 de setembro, ás 19:00 horas. Forma parte dun conxunto de encontros impulsados pola Xunta de Galicia co obxectivo de informar sobre a situación da candidatura e recoller as opinións ou inquedanzas dos axentes locais e veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A estratexia de participación cidadá da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade convoca á veciñanza a participar nunha nova xuntanza. Desta volta será no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.

Con este tipo de encontros búscase escoitar á cidadanía, e tamén detectar a responsables de asociacións veciñais e, en xeral, persoas que representen ás distintas parroquias para seguir aumentando a base de datos de cara á convocatoria do Consello Parroquial que se celebrará en outubro.

A xuntanza é aberta á participación de veciñas e veciños en xeral; asociacións veciñais e culturais; comunidades de montes, e demais axentes culturais, económicos ou sociais. Non é preciso reservar para asistir. 

No perfil de Instagram @participa_ribeirasacra pódese obter máis información e seguir a estratexia de participación da candidatura Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...