Homesociedade39.000€ para renovar o camiño do Teo en Parteme, Quiroga

39.000€ para renovar o camiño do Teo en Parteme, Quiroga

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, veñen de asinar un convenio polo que a institución provincial aporta ao Concello 39.000€ para renovar o camiño de Teo situado na localidade de Parteme, na parroquia de Nocedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa sinatura deste acordo, que ambos dirixentes materializaron no Pazo de San Marcos, a institución provincial financia integramente esta actuación que permitirá á entidade local acondicionar por completo este camiño, mellorando o seu estado e recuperando o seu uso.

O proxecto de renovación inclúe a limpeza de maleza, movementos de terra e a pavimentación mediante triplo rego asfáltico. As obras, que terán un prazo de execución dun mes, permitirán facilitar o acceso aos veciños e veciñas que residen na parte baixa da vila, concretamente no Campo e o barrio do Val.

Mediante este convenio, subliñou José Tomé, “damos resposta a un problema de comunicación que existe en Nocedo. Actualmente, os veciños e veciñas teñen dificultades para acceder á parte baixa desta parroquia, ao lugar do Teo-O Val. O que representa un grande risco en caso de emerxencia, incendios ou derrubamentos no camiño do Porteleiro, porque poidan deixar incomunicada unha parte da localidade”.

Ademais, a recuperación do camiño facilitará o acceso dos veciños aos seus fogares para realizar obras de mantemento, reformas ou novas construcións. “Tamén permitirá un acceso máis cómodo para camións de subministración de gasóleo ou outros combustibles, facendo que o transporte de materiais sexa moito máis eficiente”, indicou.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...