Esta actividade será impartida por Fundación Mujeres e terá unha duración 10 horas, será gratuíta e dirixida a mulleres en situación de desemprego, e será tanto de carácter presencial como online.
O xoves 31, de outubro, realizarase unha primeira sesión presencial de 9:30 a 13:30 horas no Centro Cívico Social, sobre habilidades sociolaborais para a busca de emprego na que as participantes aprenderán a potenciar as habilidades que require o mercado de traballo.
As seis horas restantes serán impartidas online, e distribuíranse en dúas sesións. Unha sesión de 3 horas, “Empregando o ordenador para a búsqueda do emprego”, na que aprenderán a utilizar o ordenador e Internet de maneira práctica e aplicada á actividade da busca activa de emprego. E outra sesión tamén de 3 horas, “Estratexias de búsqueda de emprego en internet”, na que utilizarán as ferramentas que nos proporciona internet para adquirir estratexias na busca activa e eficaz de emprego.
Ademais as participantes poderán completar a formación con obradoiros de reforzo online sobre temáticas como a entrevista de traballo, selección de persoal, etc.
O obxectivo desta actividade, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “é mellorar a inserción laboral das mulleres de Monforte a través de itinerarios formativos personalizados para mellorar a súa empregabilidade, tanto por conta propia como allea, rompendo as barreiras sociais que obstaculizan a súa inserción en condicións de igualdade”. Este é un dos obxectivos do equipo de goberno, que todos os anos co gallo do Día internacional da Muller Rural, leva a cabo actuacións para mellorar a cualificación das mulleres do municipio e que adquiran habilidades que incrementen as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral.
As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM, que se localiza no Centro Cívico Social, ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.