HomesociedadeMonforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de...

Monforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de falecidos e desaparecidos por mor da DANA

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, decretou tres días de loito oficial, que comezaron ás 10:00 h do xoves día 31 de outubro e que se prolongarán ata o as 10:00 h do vindeiro 3 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os danos que ocasionou a DANA en diferentes comunidades autónomas, pero como moita máis dureza na Comunidade Valenciana, son inxentes e, co paso do tempo, poderán cuantificarse unha vez feitas as tarefas de desescombro e restablecemento dos servizos públicos. Con todo, os danos persoais son irreparables calculando ata o momento arriba de 150 mortos mentres que continúa a procura de desaparecidos/as.

Ante esta terrible situación na que se encontran os veciños e veciñas das Comunidades Autónomas afectadas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, decretou tres días de loito oficial, que comezaron ás 10:00 h do xoves día 31 de outubro e se prolongarán ata o as 10:00 h do vindeiro 3 de novembro. Neste período quedarán suspendidos todos os actos públicos oficiais do Concello de Monforte e as bandeiras exteriores dos edificios públicos ondearán a media asta durante os días de loito establecido.

Ademais, o rexedor monfortino tamén decretou, por unha banda que se lle dea traslado ás autoridades das Comunidades Autónomas afectadas a expresión e testemuño institucional da condolencia polos danos persoais e materiais producidos pola DANA; e por outra fixar o compromiso de participar de forma presencial nos actos lutuosos convocados institucionalmente en solidariedade cos/as veciños e veciñas afectados/as.

Finalmente, o Alcalde decretou facer unha Declaración Institucional de solidariedade cos/coas veciños/as e coas Institucións afectadas.  

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...