HomesociedadeJosé Tomé e Manuel Campo Vidal inauguran unha formación que instruirá a...

José Tomé e Manuel Campo Vidal inauguran unha formación que instruirá a xente para axudar a fixar poboación no rural

A formación está promovida pola institución provincial e impartida pola 'Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico', un dos programas académicos que impulsa a entidade Next Educación e que preside o prestixioso xornalista Manuel Campo Vidal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal, inaugurou o mércores 6 de novembro a xornada presencial do curso Especialista en Territorio Rural Intelixente, formación que ten lugar no embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos.

Esta segunda edición da acción formativa, promovida pola institución provincial e impartida pola Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico, ten como obxectivo proporcionar aos axentes económicos e sociais da provincia máis coñecementos e ferramentas para dinamizar o territorio e fixar poboación.

Durante a inauguración, José Tomé subliñou a importancia da colaboración da Deputación de Lugo cos concellos como estratexia fronte ao reto demográfico, resaltando que esta iniciativa “serve como exemplo do que se está a lograr no rural”, e enfatizou que poderíamos avanzar significativamente máis “se todas as administracións asumisen as súas competencias e desenvolveran políticas públicas que promovan a plena igualdade e o equilibrio territorial”.

A formación, que comezou o 25 de outubro e desenvolverase ata o 15 de decembro, conta cuns 100 participantes e aborda áreas fundamentais como a organización de proxectos, a sustentabilidade, a dixitalización e a comunicación. Ofrece un total de 20 horas de formación na modalidade online e presencial, e busca capacitar os participantes para que poidan contribuír de maneira activa á recuperación e innovación das zonas rurais, favorecendo así o seu futuro desenvolvemento.

MANUEL CAMPO VIDAL

Manuel Campo Vidal é presidente de Next Educación, unha institución innovadora de gran calidade que prepara aos profesionais máis avanzados e cualificados que demanda o mercado. Está formada pola Escuela de Negocios Next IBS, o Centro de Educación Superior CES Next (Centro Adscrito a la Universitat de Lleida) e o Foro Next Educación.

Next Educación é, precisamente, a institución que imparte a Cátedra del Reto Demográfico y la Despoblación para dotar ao alumnado deste curso das ferramentas necesarias para poder combater o despoboamento e dinamizar economicamente o rural.

Tomé Roca eloxiou a preocupación de Manuel Campo Vidal polo rural, que concorda “coa mesma visión e a mesma preocupación polo rural que temos na Deputación de Lugo”. Un rural que, segundo dixo, “é intelixente, ten xente chea de ideas, de propostas de innovación, pero que necesita formación e canles para levar esas ideas adiante”. Tamén indicou que o rural “debe darse a coñecer e atopar o seu lugar nas novas canles que ofrecen as tecnoloxías da información, converténdose no mellor voceiro de si mesmo e atraendo a outros que poidan axudar a difundir o seu potencial”.

ÚLTIMAS

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...