HomesociedadeRenfe comeza a formación de maquinistas para o renovado tramo Monforte-Ourense

Renfe comeza a formación de maquinistas para o renovado tramo Monforte-Ourense

Renfe informa de que xa comezou a formación de maquinistas para a súa habilitación en vehículos e infraestruturas no tramo renovado Ourense-Monforte, unha vez que remataron as obras de mellora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explican desde Renfe, en cumprimento coa normativa relativa ao persoal ferroviario, os maquinistas deben contar coa habilitación de condución vixente, tanto por clase de material como por infraestrutura.

Por este motivo, unha vez que Adif entregou a infraestrutura, tras realizar as probas de fiabilidade xa se pon a disposición de Renfe esta infraestrutura para que o persoal de condución poida iniciar o paso previo para que o servizo ferroviario poida volver prestarse da forma habitual.

Neste período de instrución participan maquinistas con residencia en León, Ourense e A Coruña para, nuns casos, recuperar a habilitación ademais de realizar as accións formativas e de asesoramento necesarias para recoñecer a liña e adquirir así as facultades requiridas para conducir por este itinerario.

Mentres, Renfe seguirá prestando o seu servizo de trens entre Ourense-Monforte-Lugo por estrada mediante un plan alternativo para facilitar a mobilidade dos clientes

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...