HomesociedadeComezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

Está previsto que esta semana dean comezo estas obras que teñen un orzamento de de 51.649,11€, e foron adxudicadas á empresa Ovisa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de mellora na contorna da Zona C. Actuarase á beira do río, no Paseo que transcorre entre a Ponte Nova e a Gardería Municipal, incluíndo un anaco situado despois da gardaría. Con esta actuación, o paseo do río terá continuidade a partir da Ponte Nova ata a zona de Cobas.

As obras, cun prazo de execución dun mes, consistirán na dotación do novo firme deste paseo, que forma parte da rede viaria municipal, nunha lonxitude total de 190 metros e un ancho medio de 4,45 metros. Polo que a superficie total de actuación será de 845 m². Contruiranse dous tramos de muro de pedra, co obxectivo de completar o existente ó borde do pase, substituíndo a baranda de madeira que hai nas proximidades da Ponte Nova.

Por último, levarase a cabo a colocación de pilonas de aceiro inoxidable, para evitar a entrada de vehículos desde a avenida de  Galicia. Ós garaxes poderase acceder pola entrada actual.

“Estou seguro de que con esta actuación, seguiremos a potenciar o valor desta parte da cidade e do río Cabe, algo que fixemos significativamente coa consecución da Zona C, e que tamén faremos cando levemos a cabo a Zona D”, destacou o Alcalde.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...