Homesociedade33 aniversario da Residencia de Maiores da Xunta en Monforte de Lemos

33 aniversario da Residencia de Maiores da Xunta en Monforte de Lemos

O director territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Óscar Viñas, acompañou a traballadores e usuarios na conmemoración desta efeméride.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Residencia de Maiores da Xunta de Galicia en Monforte de Lemos celebrou esta semana o seu 33 aniversario cunha xornada festiva na que as persoas usuarias contaron con música, maxia e, no apartado gastronómico, aperitivo cos convidados e unha comida especial para os residentes.

Durante a mañá celebrouse un baile a cargo do dúo D’Caché, e pola tarde houbo un espectáculo de maxia a cargo de David Méndez.

A residencia ofrece unha atención sociosanitaria integral e desenvolve ao longo do ano actividades culturais, ocupacionais e de lecer que contribúen a incrementar o benestar dos usuarios.

Residencia maiores Xunta en Monforte / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...