HomesociedadeEste Nadal volve 'o Tren do CCU' para ver a Papá Noel...

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Poderase gozar das viaxes os días 22, 23 e 24 de decembro sempre que se presenten tickets de compra no comercio local asociado por importe mínimo de 10 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte os días 22, 23 e 24 de decembro. A clientela do comercio asociado monfortino poderá gozar desas atractivas viaxes presentando tickets de compra dalgún dos establecementos asociados por un importe mínimo de 10 euros.

Estes tickets de compra, válidos con data do 1 de decembro ou posterior, dan acceso por orde de chegada –e ata que se esgoten as prazas–, a un adulto acompañado de dous nenos como máximo. Dende a organización aclaran que só poderán acceder adultos sen nenos no caso de que algunha das viaxes non se complete.

As saídas e as chegadas realizaranse sempre desde “As Casitas” (A Compañía) e Papá Noel terá o punto de recepción en diferentes barrios de Monforte. Así, o día 22 estará nos Chaos pola mañá e no barrio do Hospital pola tarde; o 23 en Carude pola mañá e na Avda Galicia onde os xulgados pola tarde; e o 24 pola mañá onde o bar Cristal na Cia, e pola tarde no Cardeal onde o Banco Santander.

Nena entregando carta a Papá Noel. Foto: CCU Monforte.
RUTAS PARA VISITAR A PAPÁ NOEL NO TREN DO CCU

DOMINGO 22 DE DECEMBRO

-Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel nos Chaos.

-Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h. Rutas para visitar a Papá Noel no Barrio do Hospital (xunto ao Mercadona).

LUNS 23 DE DECEMBRO

-Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel no Barrio de Carude.

-Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h. Rutas para visitar a Papá Noel na Avda. de Galicia (fronte aos Xulgados).

MARTES 24 DE DECEMBRO

-Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel na Compañía (xunto ao Bar Cristal)

-Tarde: saída única ás 17.00h. Ruta para visitar a Papá Noel na Rúa Cardenal (xunto ao Banco Santander).


MARTES 24 DE DECEMBRO

– Mañá: Papá Noel estará de 11.30h a 14.00h na Compañía (xunto ao Bar Cristal)

– Tarde: Papá Noel estará de 16.30h a 19.00h na Rúa Cardenal (xunto ao Banco Santander)

ÚLTIMAS

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...

O PP de Monforte pedirá a derogación da nova normativa que rexe o rexistro de viaxeiros

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no pleno que a corporación inste ao...