HomesociedadeEste 28 de febreiro remata o prazo para participar no concurso de...

Este 28 de febreiro remata o prazo para participar no concurso de deseño para o cartel da Feira do Viño de Quiroga

As obras deben ser rexistradas e entregadas correctamente no Rexistro do Concello de Quiroga antes do 28 de febreiro ás 13:00h. O deseño gañador, que se premiará con 450 €, un diploma acreditativo e unha botella de viño de cada unha das adegas participantes na feira desta edición, será empregado como cartel anunciador da XLIII Feira do Viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 28 de febreiro remata o prazo para participar do concurso de deseño para elixir o cartel anunciador da XLIII Feira do Viño de Quiroga, que se celebra o 19 e 20 de abril. No concurso poden participar todas as persoas maiores de 18 anos cun deseño orixinal e exclusivo.

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a tradición vinícola, a cultura e os valores da comarca de Quiroga. Valoraranse tamén os elementos representativos do concello, como a súa paisaxe, os viñedos, a arquitectura e as festividades.

O deseño debe ser orixinal e inédito, cunha orientación vertical. O deseño deberá presentarse en formato físico, impreso en alta calidade, en tamaño A3 e cunha resolución adecuada para a súa reprodución. Incluirá o texto “XLIII Feira do Viño de Quiroga”. Non se permitirá a inclusión de contido de carácter político, xenófobo, homófobo ou discriminatorio de calquera tipo no deseño do cartel, nin a utilización de ningún tipo de intelixencia artificial para o deseño e creación da obra.

Os traballos deberán ser presentados en formato físico nun sobre pechado no que se incluirá o cartel impreso en alta calidade, un documento explicativo que describa brevemente a inspiración e os conceptos principais do deseño e o título e un sobre pechado cos datos persoais do participante (nome completo, dirección, teléfono, correo electrónico e nome da obra).

    

ÚLTIMAS

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...