HomesociedadeXanela únese á rede aberta de Bluevía e poderá chegar ao 100...

Xanela únese á rede aberta de Bluevía e poderá chegar ao 100 % do territorio galego

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada acaba de asinar un acordo con Bluevía, o operador maiorista do grupo Telefónica, para poder alcanzar os concellos e zonas menos poboadas de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este acordo Xanela poderá comercializar os seus servizos sobre a rede FTTH de Bluevía en Galicia, incrementando de maneira notable o seu alcance: grazas a esta nova rede, que se une a Rede Aberta e Adamo Whosale, a empresa chantadina alcanzará o 100 % do territorio galego.

Xanela é unha das empresas pioneiras no sector de servizos de fibra rural en Galicia. Aseguran que “o seu obxectivo foi sempre reducir a fenda dixital entre o rural e as cidades e ofrecer as mesmas oportunidades de desenvolvemento a quen vive nas zonas menos poboadas da comunidade autónoma”.

Xanela superou en 2024 os 13.000 clientes: a empresa pechou o pasado exercicio con 36.000 servizos activos e unha facturación de 4,1 millóns de euros, 500.000 € por encima das previsións. Dos 36.000 servizos activos en Galicia, a fibra é o bloque maioritario, seguida polas liñas móbiles, o teléfono fixo e o servizo de televisión, nesa orde.

Xanela está establecida nas catro provincias galegas, e o obxectivo para 2025 é alcanzar os 5 millóns de euros de facturación, así como seguir apostando pola dixitalización do rural galego e converterse na operadora galega de referencia. O 80 % dos clientes de Xanela viven en zonas rurais, o que confirma que a aposta da empresa por establecerse e dar traballo no rural, así como centrarse en dotar de conexión de fibra ás pequenas
localidades galegas, foi un acerto. Na actualidade, Xanela dá traballo de forma directa a 40 persoas e ten máis de 50 puntos de venda e tendas nas catro provincias galegas

Xanela

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...