HomesociedadeNa última fin de semana de agosto Sarria celebra a Noite Meiga

Na última fin de semana de agosto Sarria celebra a Noite Meiga

Esta semana a asociación Meigas e Trasgos, que organiza esta celebración, presentou a programación da festa que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encargado de desvelar o programa desta edición foi Iván Piñeiro, vicepresidente de Meigas e Trasgos, a asociación que organiza un ano máis esta tradicional cita que aspira a ser declarada de Interese Turístico Galego. A entidade tramitou recentemente a solicitude e agradeceu o asesoramento e a colaboración no proceso do Goberno galego.

A Xunta de Galicia patrocina o concerto que ofrecerán Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o venres, 29 de agosto. A programación inclúe tamén nesa primeira xornada as actuacións de Mondra e DJ Russ. Na organización dos concertos desta xornada colabora a Vicepresidencia da Depurtación de Lugo.

O vicepresidente da Deputacion destacou a tradición da Noite Meiga como “forza do noso imaxinario mítico” e valorou “a continuidade que Meigas e Trasgos lle deu a esta celebración, mantendo ao mesmo tempo un papel referencial na vida cultural e social de Sarria a partir do baile e da música tradicional”.

O sábado a animación musical correrá a cargo da Banda de Música da Comarca de Sarria, dos grupos de danza de Meigas e Trasgos, e D´Crooners Band, ademais de celebrar, xa de madrugada, a Danza da Noite Meiga, o epicentro desta festa. O domingo está dedicado aos máis cativos, coa “Tardiña meiga”.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...