HomesociedadeNova sinalización turística no Concello de Chantada

Nova sinalización turística no Concello de Chantada

O Concello sinaliza a ruta que vai da Torre de Merlán aos Petróglifos das Lamelas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada conta cun novo panel de información turística. Esta nova estrutura informativa localízase no paseo fluvial do río Asma e forma parte do proxecto “Restauración ecolóxica na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e nas Serras do Oribio e O Courel”, que executa a Consellería de Medio Ambiente nos 23 Concellos que forman parte deste territorio, entre os que se atopa o Concello de Chantada.

Panel Reserva da Biosfera / Concello de Chantada

Foi no ano 2021 cando o Consello Internacional de Coordinación do Programa Man and the Biosphere (MaB) da Unesco fixo esta declaración de Reserva da Biosfera para a Ribeira Sacra, Serras de Oribio e O Courel. Este territorio convertíase así na segunda Reserva da Biosfera máis grande de Galicia, cunha superficie total de 306.534,77 hectáreas. Entre os espazos protexidos que engloba está o ZEC Monte Faro, un dos espazos naturais máis importantes da Ribeira Sacra. En Chantada a paisaxe natural converxe coa patrimonial, clara mostra son os diversos elementos de interese dispersos pola serra, o val e a ribeira.

Este panel súmase aos paneis informativos, que o ano pasado recuperou o Concello de Chantada, no Cantón e na área de autocaravanas do Sangoñedo, e onde poder consultar o rueiro e o mapa municipal de Chantada xunto con información actualizada de interese.

Ruta Petróglifos das Lamelas

Precisamente desde o panel informativo que se instalara na Torre de Merlán no 2023 parte a ruta que leva ata aos Petróglifos das Lamelas e que o Concello de Chantada vén de sinalizar..

Este xacemento posúe dúas combinacións circulares, unha delas de gran singularidade, e numerosas coviñas. Desde a Torre pódense seguir os sinais de madeira que conducen aos petróglifos mediante unha pequena ruta duns 680 metros de lonxitude.

No panel lémbrase que o mellor momento para observar estas representacións é a primeira hora do día ou a última da tarde, coa luz rasante do sol. Outra opción é chegar ao escurecer e empregar unha lanterna en posición rasante. Aquí tamén se recolle información dos recursos patrimoniais máis significativos da parroquia, como a Capela da Torre, o Peto de ánimas de 1948 ou a senlleira Feira das Cabras.

Sinalización Ruta Petróglifos das Lamelas / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...