HomesociedadeO sabor dunha paisaxe presente en Fitur e Enofusión

O sabor dunha paisaxe presente en Fitur e Enofusión

A D.O. Ribeira Sacra comeza o ano de promoción asistindo a Fitur e Enofusión, referentes internacionais no sector do turismo e do viño

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, participa durante este mércores e mañá en varios actos promocionais en Fitur, onde se fai unha presentación sobre a recente declaración de BIC da paisaxe cultural da Ribeira Sacra. José Manuel Rodríguez tamén participará a partir das 15.00 na presentación da 12 edición da guía turístico-gastronómica da provincia de Lugo “… E para comer, Lugo”. A guía e o acto de Fitur pretenden impulsar e promocionar todos os produtos con denominación de orixe que se elaboran na provincia, entre os que están os viños da D.O. Ribeira Sacra.

O día 24 ás 10.30 no pavillón da Axencia Turismo de Galicia, o Presidente da D.O. participará na presentación do programa de actividades que fará o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, no que destaca a presentación dunha nova aplicación turística de realidade aumentada. En relación co sector do viño presentarase o proxecto enoturístico “Paseando entre viñedos” e faranse catas das cinco D.O. galegas destinadas tanto a profesionais como a público non especializado.

Xa o luns 28 os viños da D.O. Ribeira Sacra volverán ser protagonistas en Madrid para a celebración do Congreso Internacional do Viño Enofusión que se celebra no marco do cume gastronómico Madrid Fusión. O 30 de xaneiro a partir das 12.00 levarase a cabo a cata “El sabor de un paisaje”, na que participarán estas 7 referencias da Denominación:

  • “Peza do Rei” Blanco Summum 2018 de Adega Cachín
  • “Finca Cuarta por Rubén Moure” Godello Barrica 2017 de Rubén Moure Fernández
  • “Abadía da Cova” Mencia 2017 de Adegas Moure
  • “P Ponte da Boga” Mencia 2017 de Adega Ponte da Boga
  • “Sanmamed” Mencia 2017 de Rosa María Pumar Rodríguez
  • “Lalama” Mencía Barrica 2015 de Dominio do Bibei
  • “Rectoral de Amandi” Mencia Barrica 2014 de Bodegas Rectoral de Amandi

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...