HomesociedadeQuiroga escribe Cartas de Amor

Quiroga escribe Cartas de Amor

O concello de Quiroga vén de convocar o XVI Certame Cartas de Amor “Vila de Quiroga", os interesados en participar deben de presentar seus traballos antes do 1 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta XVI edición do certame poden participar todas as persoas que o desexen con cantas cartas queiran. As cartas, relacionadas co sentimento amoroso, terán unha extensión máxima de dous folios mecanografiados por unha soa cara e poden estar escritas en galego ou castelán.

Establécense dúas categorías, Xuvenil ata 30 anos e Senior, a partir de 30. Námbolos casos establécense 3 premios, de primeiro un libro electrónico, un lote de libros de segundo e de terceiro unha placa conmemorativa.

Os traballos pódense enviar por correo ou entregalos persoalmemente na Casa da Cultura, antes do 1 de abril. Os datos do autor, dirección e teléfono, presentaranse nun sobre pechado, que no exterior recollerá o título da carta e a categoría na que participa.

A data fixada para a entrega de premios comunicaráselles aos gañadores, chegado o momento. Os traballos quedarán en propiedade do Concello para facer unha publicación en sucesivas edicións: “Cartas de amor, Vila de Quiroga”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...