HomesociedadeUnha nova vía conecta as fases 1 e 2 do Polígono dos...

Unha nova vía conecta as fases 1 e 2 do Polígono dos Acivros

A nova vía conecta as dúas fases do Polígono dos Acivros mellorando a circulación e aumentando o espazo para aparcamentos. Ademais con esta nova vía dáselle acceso a tres parcelas que quedaban da fase 1. As parcelas xa están vendidas e pronto se comezará coa  instalación dos distintos negocios

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén de executar a apertura dunha nova vía no Polígono dos Acivros que dá conexión ás fases 1 e 2 do polígono. Cunha subvención da Xunta para mellora de infraestruturas nos parques empresariais, o concello propuxo transformar o camiño de terra que había, nunha vía con todos os servizos de saneamento á que se dotou dunha capa de aglomerado en quente, delimitando a calzada co borde das parcelas, de modo que queda preparada para a posterior construción de beirarrúas. As actuacións contaron un orzamento de 150.000€.

Nos últimos catro anos o Concello de Chantada vén solicitando estas axudas nas que a Xunta aporta o 80% e con elas reasfaltáronse pistas no interior e nos accesos ao Polígono, mellorouse a EDAR e déuselle máis potencia eléctrica ás empresas. Coa próxima liña de subvencións o Concello seguirá mellorando esta infraestructura empresarial con repintado, beirarrúas, mellora da iluminación e seguridade.

Ademais o Concello segue traballando na ampliación do Polígono, que na actualidade ten todas as parcelas vendidas, “Temos xa presentada unha modificación puntual do PXOM para poder acometer a ampliación do Polígono, estamos pendentes dos informes sectoriais das diferentes administracións e queremos darlle luz verde a isto para poder poñer solo industrial a disposición dos cidadáns e das empresas de Chantada e das de fóra que queiran asentarse aquí. Co Polígono tratamos de ofrecer os medios de crear riqueza e postos de traballo na vila”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Nova vía Os Acivros / Concelloo de Chantada

ÚLTIMAS

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...