HomesociedadeTaboada habilitará unha senda peonil entre a vila e a área recreativa...

Taboada habilitará unha senda peonil entre a vila e a área recreativa da Medela

O proxecto contará con financiamento da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo, que achegará 318.00 euros para o desenvolvemento das obras. O convenio de colaboración entre as dúas institucións aprobouse o 5 de decembro na Xunta de Goberno provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Taboada vén de anunciar que habilitará unha senda peonil entre a vila e a área recreativa da Medela atendendo unha vella aspiración da veciñanza, que utiliza habitualmente esta ruta para achegarse ás instalacions deportivas municipais.

O concelleiro de Cultura e Deportes, Manuel Diéguez, avanzou as características do proxecto, co que se acondicionará unha ruta de 1,5 quilómetros entre o núcleo de Taboada e o complexo da Medela, onde se concentran campo de fútbol, pista de padel, piscinas exterior, pista multideporte e zona picnic-.

A senda parella á estrada, creará unha zona de paseo seguro, especialmente para a cativada e as persoas maiores que agora teñen que facer ese traxecto polo arcén. O paseo, para uso de peóns e bicicletas, acondicionarase cun pavimento específico e bancos  en distintos puntos do traxectos. O Concello promoverá a compra e permuta dos terreos para comezar despois coa execución da obra. 

O concelleiro de Cultura e Deportes explicou que “Con este proxecto atendemos polo tanto unha vella aspiración dos veciños e veciñas, coa que nos comprometemos coa nosa chegada ao goberno”

A creación desta senda completarase con outras melloras nas intalacións deportivas da Medela, como a construción dun graderío cuberto, a instalación de cuberta na pista de padel e reparacions nas tubaxes e no vaso da piscina municipal.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...