HomesociedadeO CC Ponte Vella de Ourense celebra o San Valentín e o...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o San Valentín e o Entroido

Dende a xerencia presentan un programa de actividades que se desesenvolverán do 13 ao 18 de febreiro, días nos que haberá talleres infantís, caracterizacións e concurso de disfraces, maxia, monicreques... Tamén lembran que os visitantes que entren en Ponte Vella os días 13 e 14 levarán un 'obsequio doce'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial e de Lecer Ponte Vella prepárase para vivir uns días con moitas actividades familiares para a clientela con motivo da celebración do Entroido, que este ano cadra co San Valentín.

Así, o venres 13 e o sábado 14, todos os visitantes recibirán un obsequio doce como mostra de agradecemento do Centro Comercial. Este detalle incluirá bombóns con forma de corazón, caramelos e piruletas. Ademais, a xerencia convida a achegarse a Ponte Vella porque “é o lugar ideal onde atopar todo o necesario para o mellor agasallo ou experiencia por San Valentín, grazas á súa ampla oferta de moda, complementos, beleza, restauración e lecer, pensada para sorprender nunha data tan especial”. Como complemento, o domingo 15 o aparcadoiro será gratuíto durante todo o día.

ACTIVIDADES PARA FESTEXAR O ENTROIDO

O sábado 14 farase o Laboratorio de Transformación de Entroido (16:00 a 19:00h.), con sesións de maquillaxe e caracterización, fotomatón e unha rechamante temática K-POP. E esa mesma xornada, o público poderá gozar tamén –a continuación– do show de maxia do Mago Paco “Ledicias” (19:00h.), un espectáculo familiar cargado de humor e ilusión.

O luns 16 será a quenda do tradicional Concurso de Disfraces (18:00h), un dos momentos máis esperados destas datas, seguido do espectáculo Got Rock!Musical doutra galaxia (19:00h.), unha proposta familiar de ventriloquía e música creada por Francis Zafrilla, na que o público participa activamente como xurado dun divertido concurso de talentos protagonizado por marionetas ao ritmo do rock and roll. Ademais, do venres 13 ao mércores 18 desenvolveranse talleres infantís en horario de tarde (17:30 a 20:30h.), e o sábado 18 (18:00 a 20:00h.) o personaxe Ponti visitará o centro para compartir momentos cos máis pequenos.

Con esta programación, Ponte Vella Centro Comercial e de Lecer reforza a súa aposta polo lecer familiar e por ofrecer, afirman dende a xerencia, “experiencias diferenciadoras aos seus clientes, combinando tradición, entretemento e accións especiais nunhas datas sinaladas”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...