Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e do Incio, situación que provocou bastante expectación na contorna.
A partir de finais de febreiro e marzo pasarase a gravación a Ribadavia e Celanova e segundo informan dende fontes da axencia de casting que traballa para a produtora Vaca Films actualmente están a buscar figurantes que teñan dispoñibilidade nesas datas. En abril volverán a Santiago de Compostela, onde buscan tamén “persoas con moita dispoñibilidade para rodar durante varias semanas”.
PERFÍS QUE SE BUSCAN
Persoas que teñan o pelo natural (peiteados clásicos, sen tinguir, non valen cortes a maquiniña ou degradado), non é necesario ter barba, pero de tela o ideal é que non sexa perfilada. Tamén buscan xente sen cellas ou eyeliner tatuados, sen tatuaxes en cara ou pescozo. “Non cómpre experiencia previa e as persoas seleccionadas formarán parte dunha das producións audiovisuais máis relevantes que se preparan actualmente”, comentan tamén os convocantes.
“LOBO”
A miniserie está baseada no caso real de Manuel Blanco Romasanta, xastre itinerante que pasou á historia como o primeiro asasino en serie documentado de España, na Galicia rural do século XIX. Durante a súa defensa, alegou ser un home lobo… e aí comezou a lenda.
A xente que estea interesada pode inscribirse en: FICHA INSCRIPCIÓN CASTING SERIE DE ÉPOCA

