HomesociedadeRemata a mellora da estrada que une Trascastro coa Ferrería no Incio

Remata a mellora da estrada que une Trascastro coa Ferrería no Incio

A Xunta acaba de mellorar 3,5 quilómetros da vía autonómica LU-642 no municipio do Incio, dende a ponte sobre o río Cabe, en Trascastro, ata o final da estrada no núcleo da Ferrería. O orzamento ascendeu a 220.200 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou este venres o resultado dos traballos, realizados con cargo ao contrato de conservación e mantemento das vías da Zona Sur da provincia de Lugo. A intervención consistiu no reforzo do firme con formigón bituminoso en todo o ancho da calzada. Ademais, renovouse a sinalización horizontal nese treito, situado entre os puntos quilométricos 19+700 e 23+280.

Arias destacou que o Goberno galego cumpre así o seu compromiso de rehabilitar ao completo esta infraestrutura de comunicación, que conecta Oural (Sarria) co municipio do Incio.

A Xunta acondicionou a vía en varias fases, a última executada no ano 2023 entre a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital e a ponte sobre o río Cabe  tamén no termo do Incio. O investimento nese tramo (pq  17+150 a 19+770) ascendeu a 139.000 euros.

ÚLTIMAS

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...

Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza de Monforte

As alumnas do centro ofreceron unha demostración do traballo realizado durante o curso nas...