HomesociedadeIniciativas que contribúen á dixitalización da xente do rural

Iniciativas que contribúen á dixitalización da xente do rural

Veciñanza das parroquias monfortinas de Chao do Fabeiro, Seoane e Piñeira recibiron un diploma que lles acredita 20 horas de formación. A acción formativa enmarcouse no programa ‘E para dixitalizarse Lugo’ que promove a Deputación de Lugo en colaboración con concellos da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rematou a II fase dos cursos de dixitalización organizados polo Concello de Monforte de Lemos nas parroquias, acción formativa que foi posible coa colaboración da Deputación de Lugo. Os obradoiros, cunha duración total de 20 horas presenciais, desenvolvéronse neste caso nos locais sociais das parroquias de Chao do Fabeiro, Seoane e Piñeira.

O rexedor monfortino estivo, días atrás, na entrega de diplomas de participación nas accións formativas, acto no que tamén se agasallou aos participantes cun reloxo dixital e un bolígrafo.

COMBATER A FENDA DIXITAL NO RURAL

A formación ofertada tivo por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do ámbito rural mediante a aprendizaxe de accións como a sinatura dixital, o funcionamento de  Ch@ve 365, o uso da aplicación do Sergas, da sede electrónica, o teléfono móbil, e o uso seguro e responsable de internet, entre outros aspectos relacionados coas TIC.

Os cursos, estiveron dirixidos principalmente a persoas maiores ou en situación de desemprego, xente moza e mulleres do rural, aínda que aínda que tamén puideron participar xente doutras idades e colectivos. Con este tipo de formación búscase combater a fenda dixital e familiarizar á veciñanza coas novas tecnoloxías de cara a aproveitar máis e mellor as posibilidades que ofrecen.

O Alcalde felicitou aos asistentes pola súa participación nos cursos e animou a toda a veciñanza, e especialmente ás persoas maiores, a “perderlle o medo ás tecnoloxías, aproveitar as vantaxes que ofrecen e facer un bo uso delas”. Na mesma entrega lembrou que esta iniciativa naceu sendo el presidente da Deputación Provincial de Lugo.

“E PARA DIXITALIZARSE LUGO”

Estas accións formativas nas parroquias enmárcanse no programa ‘E para dixitalizarse Lugo’ que promove a Deputación de Lugo en colaboración cos Concellos. Monforte adheriuse a esta iniciativa coa proposta de accións formativas dirixidas especIficamente a capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á poboación do ámbito rural.

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...