Homesociedade2.000 prazas adicionais nos trens con orixe ou destino Galicia durante a...

2.000 prazas adicionais nos trens con orixe ou destino Galicia durante a Semana Santa

Renfe aumenta con preto de 2.000 prazas extra os servizos de Longa Distancia con orixe ou destino Galicia desde o venres 12 de abril e ata o luns 22

Publicado o

- Advertisement -

A Operadora anuncia que pon en marcha un operativo especial con motivo da Semana Santa. Os servizos que se reforzan son todos os trens Alvia con orixe ou destino Madrid e as cidades galegas da Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como as paradas intermedias, onde chegan estes trens.

Os trens de Media Distancia que se reforzan durante o Curso Académico suspenden soamente durante a Semana Santa os seus reforzos habituais en fin de semana. Os días 12 e 21 de abril, con todo, mantense o incremento de prazas para facilitar a mobilidade dos estudantes antes do parón vacacional e antes da finalización do mesmo, para volver incorporarse ás clases.

A nivel nacional, Renfe ofrecerá un total 3 millóns de prazas de reforzo nos seus servizos. Os viaxeiros poden obter máis información, reservar ou adquirir os seus billetes a través da páxina web de Renfe (www.renfe.com), no teléfono de Atención Integral ao Cliente (91 232 03 20), na Appde Renfe “ RenfeTicket”, en Axencias de Viaxes ou nas propias estacións nos despachos de billetes.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas acolle a VIII Spain Backyard Ultra

Esta fin de semana, o tempo deterase en Castro de Caldelas para enxalzar o...

Graduación do alumnado de 2º de BAC do IES A Pinguela

A exalumna de Humanidades Sandra Piñeiro Pedreira, premio extraordinario de Licenciatura en Historia e...

Este 22 de maio preséntase na casa da cultura de Quiroga o libro “A aira dos ventos”

“A Aira dos Ventos” vén sendo unha peza teatral de 70 pp. Editada por...

Pedaleando por Palestina de Seoane do Courel a Ferreirós de Abaixo

A xornada comezou ás doce e media da mañá en Seoane do Courel, onde...