HomeSucesosControlados os lumes de Quiroga con máis de 200 hectáreas afectadas

Controlados os lumes de Quiroga con máis de 200 hectáreas afectadas

No lume da parroquia de Hospital, as previsións de Medio Rural a última hora do día 15 de setembro eran de 152 hectáreas afectadas, mentres que no incendio da Enciñeira a superficie queimada alcanzaba as 52,92 hectáreas.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado 13 de setembro comezaba, sobre as 20:40 h. na parroquia de Hospital de Quiroga, un incendio de intensidade importante no que incluso tiveron que intervir brigadas chegadas da Mariña lucense.

Imaxe do lume a pouco de iniciarse dende unha aldea da parroquia. Foto cedida por unha veciña.
Aspecto da zona afectada no lume da parroquia de Hospital o sábado 14 pola mañá. Foto cedida.

Segundo a información que achegaba a Consellería de Medio Rural a última hora do domingo 15, o lume está controlado desde as 16:52 h. deste mesmo día. Respecto ás estimacións de superficie afectada trasladan que é de 152 hectáreas. Na súa extinción levan participado 1 técnico, 11 axentes, 41 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Non moi lonxe do lugar, e dentro do Concello de Quiroga, saltaba tamén a alarma incendiaria na parroquia da Enciñeira á 1:40 h. do sábado 14 con outro incendio. Neste caso, e segundo información tamén de Medio Rural, o lume permanece controlado desde as 20:41 h. do mesmo sábado. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 52,92 hectáreas, das cales 48,27 son arboradas e 4,65 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse 8 axentes, 20 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...