HomeSucesosTres detidos por asaltar dúas gasolineiras de Monforte

Tres detidos por asaltar dúas gasolineiras de Monforte

A Policía Nacional detivo a tres persoas, unha delas menor de idade, acusadas de dous roubos cometidos en gasolineiras de Monforte das que substraeron máis de 1.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informa a Policía Nacional, os tres detidos, veciños de Ourense e con antecedentes no seu historial, asaltaron o pasado 15 de decembro dúas gasolineiras, onde causaron danos valorados en 1.000 euros para acceder ao seu interior.

Dos establecementos levaron un botín doutros 1.000 euros. A investigación desenvolvida ao longo do último mes deu coa identificación dos sospeitosos, que foron detidos o pasado xoves nos seus domicilios de Ourense.

Durante ese tempo, este grupo cometeu outro roubo nunha gasolineira da cidade de Ourense. Sucedeu o 30 de decembro e os homes foron detidos tras darse á fuga polas rúas da cidade.

Segundo sinala a Policía, o grupo dividíase en dous para cometer os roubos. Dous (incluído o menor) entraban no establecemento e o terceiro quedaba fose esperando nun coche mentres vixiaba á espera de que os seus compañeiros terminasen para fuxir do lugar.

Tras estes feitos, o tres individuos foron identificados no interior do vehículo que usaban para os roubos e no que se atopou unha pistola de aire compromido durante un rexistro.

O menor quedou en liberdade á espera de xuízo mentres que os seus dous compañeiros foron trasladados para prestar declaración ante o xulgado de Monforte que instrúe o caso.

ÚLTIMAS

“Salvamos o Malecón” solicita a revisión de oficio da autorización de Patrimonio no proxecto da nova ponte en Monforte

A plataforma presentaba a mediados desta semana ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural...

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares,...

Éxito de público no Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte que rematou con entrega de premios o día 27

A Concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Marina Doutón, entregou o día 27...