InicioSucesosDetidos os presuntos autores de 15 roubos en establecementos comerciais da provincia

Detidos os presuntos autores de 15 roubos en establecementos comerciais da provincia

A Garda Civil detén a dous veciños de Lugo como supostos autores de 15 Delitos de Roubo con Forza en distintos locais comerciais e hostaleiros nas localidades lucenses de Portomarín, Castro de Rei, Begonte, Friol, Monforte de Lemos, Meira e Riotorto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os feitos investigados teñen lugar entre o pasado mes de outubro e xaneiro do actual, chamando a atención o roubo ocorrido na localidade de Portomarín. Os autores desprazábanse no vehículo dun dos detidos, actuaban ataviados con pasamontañas e luvas, prestando atención a locais comerciais e hostaleiros sen alarma sonora onde, tras fracturar o bombín da fechadura das portas de acceso, accedían ao interior en busca de diñeiro en efectivo.

No caso que se tratase dun local dedicado á hostalería, subtraían o diñeiro das caixas rexistradoras e máquinas comecartos, e as máquina de tabaco eran levadas integramente do local para ser abertas nun lugar máis tranquilo nas inmediacións do lugar do roubo e subtraer tanto o diñeiro como o tabaco do seu interior.

A investigación conduciu aos axentes cara a un grupo de mozos asentados na localidade de Lugo cuxa actividade delituosa aumentou en datas do Nadal, chamando a atención dos investigadores a comisión dos feitos en pleno toque de queda, xa que os mesmos eran cometidos en altas horas da madrugada.

A detención dos autores dos feitos investigados prodúcese na madrugada do pasado día 27 de xaneiro cando regresaban da súa actividade delituosa. Os detidos foron postos ao dispor da titular do Xulgado de Instrución Número Un de Chantada. A investigación policial continua aberta á espera de novas actuacións.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...