InicioSucesosCatro menores detidos por roubos en Monforte

Catro menores detidos por roubos en Monforte

Catro menores de idade foron detidos como sospeitosos de perpetrar roubos con forza en varios establecementos e vehículos do municipio de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os mozos están acusados de perpetrar roubos en kioskos de vendedores de boletos de lotería da ONCE, en diversos comercios, nun supermercado e en vehículos estacionados na rúa. As autoridades sospeitan de que os mozos formaban parte dunha banda organizada co fin de levar a cabo roubos e furtos de maneira coordinada.

Un deles, maior de idade, está tamén acusado de indución ao abandono de domicilio por parte de menores, dado que supostamente, con axuda doutro mozo, axudaba a outros dous membros da banda para fuxir do centro de menores no que estaban internados.

O incremento de delitos contra o patrimonio nos últimos meses en Monforte de Lemos levou ás autoridades a abrir unha investigación que concluíu coa detención dos menores como sospeitosos. Tras identificar a un deles, a Policía Nacional puxo en marcha un dispositivo para o seguimento dos seus movementos e comprobou que as súas fugas do domicilio coincidían coas doutros tres menores de idade, internados en centros situados en localidades próximas.

Posteriormente, os investigadores lograron identificar a un cuarto novo que, supostamente, prestáballes axuda para esas fugas, dado que os recollía co seu coche nas inmediacións dos centros de menores e transportábaos para perpetrar os roubos. Por iso, ese mozo, ademais ser investigado pola súa suposta participación nos roubos, foi detido tamén por indución ao abandono de domicilio.

Despois de fuxir, os menores ocultábanse no domicilio deste mozo ou en vivendas de familiares, sen que estes tivesen coñecemento diso. Para sufragar os seus gastos, comezaron con furtos ao descoido ou no interior de vehículos, pero acabaron por cometer roubos con forza en coches e, posteriormente, nunha seguinte fase, a roubar en establecementos comerciais.

Un dos detidos quedou ao dispor da Fiscalía de Menores da Audiencia Provincial de Lugo, mentres que os demais foron postos en liberdade, baixo a custodia dos seus titores legais. Un dos menores detidos chegou a protagonizar unha fuga planificada do centro no que estaba internado e conseguiu fuxir dos educadores coa axuda doutro, maior de idade, que o esperaba no coche coas portas abertas para abandonar o lugar a gran velocidade.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...