HomeSucesosEvacuados dous mozos por un incendio na súa vivenda en Monforte

Evacuados dous mozos por un incendio na súa vivenda en Monforte

O lume foi causado por unha estufa.

Publicado o

- Advertisement -

Dous mozos de 23 e 24 anos de idade foron evacuados a un centro hospitalario ao resultar intoxicados a causa do incendio causado por unha estufa no interior dunha vivenda en Monforte de Lemos mentres durmían.

Segundo informou o 112 Galicia, foi o fume provocado polo incendio o que alertou os afectados, que reaccionaron botando terra por encima do aparello. Con todo, sufriron unha intoxicación por inhalación de fume, que motivou a súa evacuación a un centro hospitalario.

Os feitos ocorreron ás 2,30 horas deste xoves nun domicilio situado na Rúa Concepción Arenal, en Monforte de Lemos. A chamada dos propios afectados o número único de emerxencias serviu para activar un operativo, no que participaron os bombeiros da localidade, así como os axentes da Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado para atender aos dous pacientes, o home W.G.B., de 23 anos, e a muller E.D.V.M., de 24 anos, que foron trasladados ao Hospital de Monforte, confirmaron fontes sanitarias.

Pola súa banda, efectivos de extinción comprobaron que había un intenso fume acumulado no interior da casa, pero a estufa estaba xa apagada, sinalaron por parte do 112.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...