HomeSucesosDous detidos en Monforte por tráfico de drogas

Dous detidos en Monforte por tráfico de drogas

Publicado o

- Advertisement -

O martes 11 preto das 12 do mediodía, unha parella de Monforte foi detida no corredor que enlaza a cidade do Cabe con Lugo a altura do concello de Bóveda.

Aínda que nun primeiro momento todo apuntaba a que a presenza da Garda Civil era por mor dun accidente de tráfico, finalmente tratábase dun dispositivo especial para deter a estes dous veciños da localidade.

Durante o rexistro ó vehículo, os efectivos da benemérita atoparon 30 gramos de cocaína pura, motivo polo cal foron detidos de inmediato e conducidos ata Monforte.

Tras a súa detención, os axentes procederon a rexistrar o seu domicilio onde tamén atoparon varios gramos desta mesma sustancia estupefaciente ademais de material adicado para o seu corte.

 

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...