HomeSucesosInvestigación a un veciño da Pobra do Brollón por quintuplicar a taxa...

Investigación a un veciño da Pobra do Brollón por quintuplicar a taxa máxima de alcoholemia

O martes 27, ás 22,45 horas da noite na LU-615 ao seu paso polo Saviñao, os axentes interceptaron a outro condutor, veciño de Chantada de 30 anos, que tampouco obtivera nunca o permiso de conducir.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a outro home de 50 anos, veciño da Pobra do Brollón, que quintuplicaba a taxa máxima de alcoholemia tras verse implicado nun accidente ocorrido en Monforte.

Os feitos ocorreron o pasado domingo, 2 de xullo, na N-120. Tras recibir o aviso do sinistro, unha patrulla se personó no lugar, identificou o condutor e realizoulle o correspondente test de alcoholemia, no que quintuplicó o máximo de 0,25 miligramos por litro de sangue en aire respirado.

Por isto mesmo, o Instituto Armado procedeu a investigar ao home como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria e as dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Monforte.

Así mesmo, a Garda Civil informa doutro catro condutores investigados por ilícitos ao volante. Así, o domingo 25 de xuño, ás 6,15 horas da madrugada, nun control de alcoholemia e drogas na A-6 situado en Lugo, foi interceptado un veciño da capital provincial de 32 anos ao volante dun turismo a pesar de que xa lle retiraron o carné.

Ao día seguinte, o luns 26 sobre as 7,10 da mañá na LU-636 á altura de Sarria, a Garda Civil identificou a un mozo de 20 anos e veciño do Páramo que, á parte de arroxar un resultado positivo en alcoholemia que levou a correspondente multa, nunca obtivera o permiso de conducir.

O martes 27, ás 22,45 horas da noite na LU-615 ao seu paso polo Saviñao, os axentes interceptaron a outro condutor, veciño de Chantada de 30 anos, que tampouco obtivera nunca o permiso de conducir.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...