HomeSucesosO presunto integrante dunha organización neonazi pasará a disposición xudicial este xoves

O presunto integrante dunha organización neonazi pasará a disposición xudicial este xoves

En total son 16 as persoas detidas --13 homes e 3 mulleres, de entre 30 e 45 anos--; 11 en Cataluña e o resto en Madrid, Lugo, Toledo e Málaga.

Publicado o

- Advertisement -

O home arrestado o martes na aldea de Ferroños, en Sober, como presunto integrante da organización criminal neonazi ‘Combat 18’ pasará a disposición do Xulgado número 1 de Monforte ao longo da mañá deste xoves.

O detido, un home de mediana idade e a única persoa interceptada en Galicia dentro dun dispositivo conxunto levado a cabo pola Policía Nacional e os Mossos d’Esquadra en Cataluña, Madrid, Toledo, Málaga e Lugo, foi arrestado á primeira hora da mañá do martes nunha casa illada na que vivía de aluguer na pequena aldea de Ferroños, no municipio de Sober, logo de que catro unidades da Policía Nacional procedesen ao rexistro do seu domicilio.

En total son 16 as persoas detidas –13 homes e 3 mulleres, de entre 30 e 45 anos–; 11 en Cataluña e o resto en Madrid, Lugo, Toledo e Málaga.

Os 11 detidos en Cataluña durante o dispositivo pasarán tamén este xoves a disposición xudicial en Manresa (Barcelona), segundo fontes coñecedoras explicaron a Europa Press este mércores.

ORGANIZACIÓN LIGADA AO SUPREMACISMO BRANCO

O dispositivo centrouse sobre ‘Combat 18’, unha “organización criminal vinculada ao nacional socialismo e ao supremacismo branco”, que se centra en vulnerar os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, fomentando o odio por motivos racistas e ideolóxicos.

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) informou nun comunicado que a investigación está tutelada polo Xulgado de Instrución 3 de Manresa (Barcelona) desde abril deste ano.

Durante a investigación púidose determinar o grao de participación e militancia das persoas detidas, así como as relacións internacionais con membros de ‘Combat 18’ noutros países, tanto de Europa como de Sudamérica.

ÚLTIMAS

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante...