HomesociedadeCatadores da Guía Peñín visitaron a D.O. Ribeira Sacra

Catadores da Guía Peñín visitaron a D.O. Ribeira Sacra

Dous dos seus catadores realizaron unha exhaustiva cata de 88 viños na sala de catas do Consello Regulador da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prestixiosa Guía Peñín visitou o pasado 28 de maio a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Unha visita que, segundo comentou o presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardía, “pon de manifesto a importancia e o recoñecemento dos viños da rexión no panorama vitivinícola nacional e internacional”.

Durante a sesión, dous catadores da Guía Peñín avaliaron unha ampla variedade de viños elaborados na Ribeira Sacra, contribuíndo así á valoración e difusión da calidade destes viños na súa próxima publicación. A Guía Peñín é un referente imprescindible para os amantes do viño e os profesionais do sector, e a súa visita subliña o crecente prestixio da Ribeira Sacra no mundo do viño.

Viños da cata. Foto: CRDO R.S.

Esta cata segue a recente visita do sumiller Ferran Centelles, o pasado 16 de maio. Centelles, recoñecido sumiller e colaborador do equipo elBulli, destacou a singularidade e calidade dos viños da Ribeira Sacra, reafirmando o potencial da comarca no panorama vitivinícola.

O Consello Regulador da Ribeira Sacra amosou a súa satisfacción con estas visitas, que non só validan o esforzo e a dedicación dos viticultores locais, senón que axudan a posicionar a denominación de orixe no mapa dos grandes viños.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...