HomeCulturaO Concello de Monforte abre o prazo para participar en Artelemos

O Concello de Monforte abre o prazo para participar en Artelemos

A feira de artesanía monfortina celebrarase os días 3,4,5,6 e 7 de agosto

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte aprobou as bases para participar na 20ª Mostra de artesanía Artelemos. Dende o martes 29 de maio ata o día 22 de xuño ás 14:00 horas, todos os interesados en participar poderán rexistrar a súa solicitude para participar na páxina web web municipal .O evento celebrarase os vindeiros días 3,4,5,6 e 7 de agosto na Rúa Cardenal.

Cada un dos artesáns disporá dun posto individual dotado de tarima, iluminación e rotulación promorcional propia. Desta volta, cada 3 ou 4 postos, haberá pasillos co obxectivos de facer máis dinámica a visita ao público.

Este ano serán un total de 23 casetas; unha delas estará adicada á celebración de obradoiros e información da mostra, mentres cos 22 restantes serán para exposición e venda de produtos artesanais.

En declaracións do Alcalde, “o público que se achegue poderá adquirir produtos moi variados de diferentes disciplinas artísticas. Haberá orfebrería, cestería, coiro, lá, olería de Gundivós e cerámica. Ademais poderase ver a fabricación dos produto en directo”.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...