HomesociedadeA Lotaría de Nadal deixa premios en Monforte de Lemos

A Lotaría de Nadal deixa premios en Monforte de Lemos

Cantado ás horas 10.39 no terceiro arame da cuarta táboa, caeu en varias localidades galegas, entre elas en Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O número 66.212 resultou agraciado co cuarto dos oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.

Cantado ás horas 10.39 no terceiro arame da cuarta táboa, caeu en varias localidades galegas, entre elas en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela, Muxía, Pontevedra e os municipios pontevedreses de Salceda de Caselas e O Porriño.

O Sorteo Extraordinario de Nadal reparte este 22 de decembro 2.380 millóns de euros en premios, e os agraciados co ‘Gordo’ recibirán 400.000 euros ao décimo, con 680 millóns de euros a repartir con este premio principal.

Os premios do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal de importe inferior ou igual a 20.000 euros non estarán suxeitos ao gravame especial sobre os premios de determinadas lotarías, segundo os límites que fixou a Lei de Orzamentos Xerais do Estado do 2018.

SEGUNDO E TERCEIRO PREMIO, EN VILALBA E A FONSAGRADA

O número 10.989, agraciado co segundo premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 1.250.000 euros á serie, repartiu sorte na localidade lucense da Fonsagrada e en Vigo. O número foi cantado ás 11.31 horas no primeiro arame da sexta táboa.

O número 750 resultou agraciado co terceiro premio do Sorteo , dotado con 500.000 euros á serie. O número foi cantado ás 11.11 horas no quinto arame da quinta táboa. En Galicia, deixou medio millón de euros repartidos entre Vilalba e O Grove, así como un premio de 50.000 euros en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...