InicioTerra de LemosMonforteMáis de 15M€ para os orzamentos "máis sociais da historia" de Monforte,...

Máis de 15M€ para os orzamentos “máis sociais da historia” de Monforte, asegura Tomé

“Non hai constancia na historia recente dos gobernos municipais do Concello de Monforte de Lemos, de que ningún alcalde aprobara os orzamentos en tempo e forma durante 8 anos consecutivos, como si levamos facendo nós, para que os orzamentos entren en vigor a principios do ano entrante, neste caso o 2023.”, destacou o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A previsión de ingresos e de gastos do orzamento para o ano 2023 é de 15.371.146,23 euros, o que supón un incremento con respecto ó ano 2022 de case 500.000 € (en 2022 era 14.892.364,97€).

A previsión é de 478.781,25 € máis, con respecto ó ano 2022, un 3,21% máis, pero a realidade é o orzamento conta cun millón máis, xa que se lle debe sumar ese millón que está consignado para 2 proxectos concretos, que están pendentes de executar (500.000 euros dun convenio da Deputación para a Ponte do Malecón, e outros 500.000, que corresponden á subvención do Consello Superior de Deportes), e que polo tanto pasan a formar parte do orzamento deste exercicio. O que significa que a previsión orzamentaria para 2023 é de 16.371.146,23 euros, aínda que realmente no Pleno aprobaranse os 15.371.146,23 euros.

Os ingresos correspondentes á participación nos Tributos do Estado son 4.315.321,12 euros. Os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan en 29.150€, “o que segue evidenciando que o goberno neste caso do Sr. Rueda, outro ano máis, non ten intención de axudar a Monforte como se merece nin ós Concellos en xeral” subliñou o rexedor monfortino.

A partida correspondente ó IBI mantense cun ingreso previsto de 4.250.000€. A partida do imposto municipal de vehículos reflexa un incremento de 29.000€ que é consecuencia de adquisición de novos vehículos por parte da cidadanía. O ICIO experimenta un aumento considerable, por novas construcións e polo elevado incremento da rehabilitación de edificacións, que se traduce nunha suba ata 410.000€. En 2022 era de 140.000 euros.

O importe consignado ó SAF ascende a 1.725.000€, que supón un incremento de 325.000€ máis que en 2022, que era de 1.400.000€, un 23.21% máis. “Neste orzamento insisto, englobamos atender ó novo contrato do SAF que se asinará no seu momento, e atender ó incremento do número de horas que se solicitará para dar atención ós colectivos antes mencionados,” salientou José Tomé.

Gastos: desglose por Capítulos

O Capítulo 1 corresponde ó persoal, e nel aumenta o gasto en 329.753,36 euros, un 7,10%, quedando a partida total en 4.973.303,20€, fronte ós 4.643.549,84€ de 2022.

O Alcalde explicou que “esta subida é debida á aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT), un compromiso que adquirín para a súa elaboración, e que se ve reflexado xa nestes orzamentos e que vai ser de aplicación no ano 2023, dende o mes de xaneiro”. En concreto, aplicarase o 34% do seu importe, máis ou menos, 136.000 euros, quedando o resto para anos sucesivos, 2024 e 2025, cun 32% cada ano.

Tamén se estipula neste capítulo a creación de novas prazas de traballadores para o Concello, necesarias para o bo funcionamento desta administración. Polo tanto, crearanse:

  • Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito á Policía Local.
  • Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito ó departamento de Urbanismo.
  • Unha praza de auxiliar administrativo, que vai estar adscrito ó departamento de Intervención.
  • Unha praza de auxiliar administrativo multiservizo, que operará en calquera área do Concello.
  • Un xestor para a unidade de Rexistro.
  • Dúas prazas de Policía Local.
  • E consolídanse a 3 persoas que eran capataces-grumires, que foron estabilizados a través da RPT.
Orzamentos Monforte 2023 presentación / concello de Monforte

No Capítulo 2, correspondente ó gasto corrente, increméntase en 390.548,51€, o que representa un incremento do 4.74%, debido principalmente á aportación de gasto para o SAF, para o incremento no lixo e para cubrir o incremento xeral que se da nos diferentes servizos prestados dende o Concello, como pode ser o incremento do prezo da enerxía. A partida total neste Capítulo 2 é de 8.623.398,39 euros, fronte os 8.232.849,88 euros de 2022.

No Capítulo 4, relativo a subvencións e transferencias, aumenta en 83.629,49 euros, o que significa un aumento do 7,97%, debido a que o Equipo de Goberno incrementa subvencións en deportes, en festas das parroquias, etc. Así, a partida total para este capítulo 4 é de 1.132.814,12 euros, fronte ós 1.049.184,63€ de 2022.

O Capítulo 6, “recolle unhas inversións para o ano 2023 por importe de 610.000 euros, máis o millón de euros que falabamos antes. Vamos seguir facendo inversións como vimos facendo todos estes anos, ben sexa de xeito directo, ou complementando con fondos xestionados doutras administracións, van servir para seguir a folla de ruta do Equipo de Goberno durante o ano 2023”.

No Capítulo 7, referente a transferencias de capital a administracións, redúcese con respecto ó ano anterior porque a aportación ó convenio de verquidos que se tiña coa Hidrográfica Miño-Sil e a Deputación de Lugo xa se liquidou neste ano 2022.

O Alcalde salientou “que para nós e moi relevante e que non pode deixarse de mencionar, e é que este Concello continúa con débeda cero, e a pesar disto, temos un nivel de investimento moi alto para poder financiar as obras que vimos realizando en melloras urbanas, melloras no rural, melloras nos parques, melloras no saneamento, melloras no alumeado ou melloras no Polígono Industrial, entre moitos outros proxectos”. Insistiu tamén en que “conxelamos as taxas e impostos e non hai ningunha subida a excepción daqueles servizos que están suxeitos a contrato, e que teñen cláusula de actualización do IPC, como o lixo ou a auga”.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...