HomeTerra de LemosMonforteXornada de portas abertas no Centro de Competencias Dixitais de Renfe en...

Xornada de portas abertas no Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O luns 26 de xuño será unha xornada de portas abertas no Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte de Lemos. Con horario de 10,00 a 14,00 horas, a compañía quere que a visita constitúa un achegamento e un paseo distendido polas instalacións, onde os traballadores do CCD ponse a disposición dos cidadáns para dar a coñecer o día a día no Centro.

Segundo trasladou a entidade, os visitantes poderán ser testemuñas da aplicación real para Renfe das tecnoloxías dixitais máis avanzadas da industria utilizadas para levar a cabo operacións de seguridade ferroviaria.

Ademais, coincidindo co fin de curso escolar, preténdese que os mozos de Monforte, xa en idade de empezar a definir o seu futuro profesional, consideren o Centro como unha referencia á hora de optar a un emprego.

Neste sentido, Renfe espera que esta visita permita aos mozos monfortinos coñecer de primeira man que persoas con perfís tecnolóxicos cualificados poden desenvolver a súa traxectoria profesional e proxecto de vida sen saír da localidade.

O Centro de Competencias Dixitais cumpre este mes de xuño o seu primeiro trimestre en funcionamento. A previsión é que, de forma progresiva, continúe crecendo e chegue a contar, entre 2023 e 2025, cun persoal de 35-40 profesionais altamente capacitados e certificados.

Adicionalmente, nun futuro, podería converterse nunha base para a creación e desenvolvemento dun Cluster Empresarial de Ciberseguridade aplicada ao sector ferroviario en Europa.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: “Imos descubrindo como os promotores e os concellos tentan enganarnos”

O colectivo Segredos de Pantón vén de entrevistar a Raquel Fernández. Esta activista, que...

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...