HomePolíticaKaty Varela: “Lugo é a provincia máis illada de España”

Katy Varela: “Lugo é a provincia máis illada de España”

“Lugo é a provincia máis illada de España”, asegura a voceira do PP de Monforte, Katy Varela, que explica que ante esta situación se pedirá no vindeiro pleno a unanimidade de todos os grupos para reclamar ao Goberno do Estado que retome o proxecto para a chegada do AVE á provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Katy Varela explica que “é necesario” que o Goberno central retome o proxecto de 2018 para que a provincia de Lugo e Monforte non queden fóra do mapa do AVE, polo que consideramos que “José Tomé, tanto como alcalde como presidente da Deputación debe de defender que os monfortinos e os lucenses en xeral teñamos este servizo fundamental”.

Para todos os monfortinos “é moi importante o sector ferroviario dado o enorme impacto que tivo no noso municipio anos atrás” polo que “consideramos fundamental a chegada da Alta Velocidade ferroviaria para que este sector volva a ser un motor económico fundamental para a comarca”.

Katy Varela recorda que Monforte “era unha cidade clave” no trasporte de mercadorías e de persoas “pero nos últimos anos perdemos moita competitividade ante a negativa do Goberno de Pedro Sánchez a que o AVE chegase á provincia de Lugo mentres vemos como o resto de provincias galegas e as da contorna si que contan con este servizo”.

Dende o PP de Monforte recordan que cando gobernaba o Partido Popular en Madrid con Mariano Rajoy coma presidente “había un proxecto, prazos e partidas orzamentarias concretas” para que a chegada do AVE á provincia fose unha realidade, “pero coa chegada do PSOE á Moncloa todo iso desapareceu e as variantes necesarias para que os trens poidan circular a alta velocidade pola provincia (Os Peares-Canabal e Rubián) caeron no olvido”.

“A discriminación que padece a provincia de Lugo por parte do Goberno central non só se ve reflectida no eido ferroviario, tampouco se sabe nada da autovía que debe de conectar Monforte con Ponferrada”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...