HomesociedadeGran satisfacción do CCU de Monforte polo éxito da III edición do...

Gran satisfacción do CCU de Monforte polo éxito da III edición do ‘Rally do Comercio’

Na xornada de compras, celebrada o venres 25 de abril e na que se tiña que facer efectivo o premio de 3.300 euros, o gañador dispoñía dun máximo de 7 horas para gastalo conseguindo completar as súas compras nos 33 establecementos participantes en tan só 5 horas e 40 minutos, finalizando a actividade cunha media de gasto aproximada de 101 euros por comercio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Gran satisfacción do CCU de Monforte polo éxito acadado na edición deste 2025 da súa novidosa campaña de dinamización comercial “Rally do Comercio”. Desde o 1 ata o 24 de abril, 33 establecementos asociados participaron activamente nesta campaña, recollendo nas súas urnas miles de tickets de compra.

Aínda que o reconto final aínda está pendente por facer, desde a organización confirman que con case total seguridade triplicáronse o número de tickets respecto da pasada edición, o que reflicte o crecente interese e a forte acollida para participar dos clientes ano tras ano.

O SORTEO

O sorteo presencial, celebrado o xoves 24 de abril na Praza de España, contou cunha notable asistencia de público –superando as cifras do ano anterior– e estivo amenizado por Radio Monforte con música ambiental e megafonía para dar conta do desenvolvemento do sorteo e facer a espera máis levadeira.

O premio desta edición, un bote único de 3.300 euros, foi para José Antonio Expósito Gonzalvo, quen, debido a compromisos laborais, delegou a xornada de compras na súa muller, Lorena Quevedo Carmona. O ticket que fixo posible este premio correspondeu a unha compra de 199 euros en Alain Afflelou Monforte, óptica asociada ao CCU Monforte.

A XORNADA DE COMPRAS

O día de facer efectivo o premio foi o venres 25 de abril, unha xornada “moi intensa, frenética e moi eficaz”, comentan dende o CCU. A parella gañadora dispoñía dun máximo de 7 horas para gastar o premio, pero conseguiu completar as súas compras nos 33 establecementos participantes en tan só 5 horas e 40 minutos, finalizando a actividade cunha media de gasto aproximada de 101 euros por comercio. Os afortunados residen na parroquia de Piño, na Pobra do Brollón, son asturianos e levan nove anos asentada na Ribeira Sacra. En relación ao premio acadado, din dende a xerencia da entidade dinamizadora do comercio local monfortino, “expresaron o seu profundo agradecemento ao CCU e a todos os comerciantes participantes polo trato recibido, destacando que esta iniciativa permitiulles descubrir comercios locais que non coñecían e reafirmar a calidade e a proximidade do comercio de Monforte”.

Momento no que se reuniron os tikets para o sorteo final. Foto: CCU Monforte.
VALORACIÓN FINAL

Desde o CCU de Monforte faise unha valoración altamente positiva da campaña, non só pola notable implicación do público, senón tamén pola enorme visibilidade que proporciona aos establecementos participantes.

Con todo, o xerente da asociación, Ángel Folgueira, sinalou que “para próximas edicións, sería desexable unha maior participación de negocios asociados, o que sen dúbida contribuiría a facer a campaña aínda máis espectacular e a elevar o atractivo do premio. O Rally do Comercio demostra, unha vez máis, que a colaboración, a innovación e a aposta polo comercio local son a mellor fórmula para seguir dinamizando Monforte e a Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...