InicioTerra de LemossanidadeA loita contra a adicción ó tabaco

A loita contra a adicción ó tabaco

Publicado o

- Advertisement -

O tabaquismo é unha enfermidade adictiva, crónica e recorrente, que no 80% dos casos comézase antes dos 18 anos e mantense no tempo a espensas da dependencia á nicotina. As súas manifestacións clínicas son os trastornos cardiovasculares, respiratorios e a aparición de tumores en diversas localizacións.

A adicción ó tabaco é a primeira causa de morte nos países desenrolados e a OMS (Organización Mundial da Saúde) estima que ó ano morren 4.9 millóns de persoas a consecuencia do seu consumo e concretamente, en España, 166 homes e 40 mulleres morren ó día a causa do seu consumo.

Aínda que un cigarro está composto por máis de 4.000 substancias nocivas, entre as que destacan o amoníaco, arsénico, butano, cianuro, formaldehido, azucre, metano, cadmio, monóxido de carbono, alcatrán, benceno, radon e nicotina entre outras, das cales 400 teñen efectos canceríxeno. Entre todas elas, a nicotina é a máis adictiva.

Infografía da composición química dun cigarro/Facebook

que é a nicotina?

É unha sustancia que se extrae das follas do tabaco que se sintetiza a través da savia. Actualmente cada cigarro contén entre 6 e 17 milígramos de nicotina aínda que o organismo humán soamente absorve entre 0.5 e 1.2 milígramos de cada cigarro que se fume.

como se pode previr o tabaquismo?

  • Informar ós máis novos sobre a repercusión real do tabaco no corpo e sobre as enfermidades que orixina, as porcentaxes de mortes que causa e o deterioro que provoca no corpo.
  • Psicoeducar ou proporcionar información sobre as cualidades psicolóxicas do consumo de tabaco. Este punto é moi relevante para todos aqueles que coñezan o potencial adictivo do tabaco e deste xeito adquiran un maior respecto a fumar.
  • Introducir o razoamento nos máis novos, deixar que eles mesmos poidan valorar e xulgar o feito de fumar. Non se pode asustar á poboación con información ou prohibir o seu consumo pois pódese adoptar unha actitude de rebeldía e provocar que fagan todo o contrario do que se pretende.
  • Motivar para non fumar a través de obxectivos a cumprir a través da ausencia do tabaco.
  • Apoiar co exemplo pois se os maiores fuman e informan de que é malo facelo, non se está a dar un exemplo claro e fundamentel para evitar que se comence o seu hábito de consumo.
  • Instruír valores positivos na vida enfatizando os aspectos bos de vivir e a necesidade de coidar a saúde e valorar a vida. De feito, fumar pódese considerar unha acción de autodestrución.
  • Realizar actividade física a través do fomento de hábitos saudables, comer ben, facer deporte, ter unha vida organizada e valorar a saúde.
  • Ensinar a rexeitar, é dicir, aprender a dicir que non.

tratamentos contra o tabaquismo

Todo fumador debe recibir unha intervención terapéutica para incitalo, animalo ou axudarlle a deixar de fumar. A forma e a intensidade do tratamento depende das características de cada doente. O grado de motivación que o suxeito teña para deixar de fumar, así como o grado de dependencia física e psíquica deben ser valorados para proporcionar o mellor tratamento.

Na Unidade Asistencial de Drogodepencias de Monforte realizar estudos,  para saber a dependencia da xente ó tabaco e axudalos e abandoar a súa adicción.

 

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...