HomesociedadeA Xunta asegura que a Escola Fogar xa está "lista" para acoller...

A Xunta asegura que a Escola Fogar xa está “lista” para acoller o alumnado do CEIP Frei Luís

Balseiro presumiu de que se preparara o espazo "nun tempo récord" para que a actividade lectiva se desenvolvera con normalidade canto antes.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta asegura que as aulas habilitadas na Escola Fogar de Sarria xa están “perfectamente listas” para trasladar alí o alumnado do CEIP Frei Luís de Granada, colexio que permanece en obras.

Así o confirmou hoxe mesmo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Segundo anunciou, este luns entraron en clase 256 nenos, dos 377 matriculados no Frei Luís de Granada.

“TEMPO RÉCORD”

O traslado é consecuencia das obras que se están a acometer no colexio, parcialmente apuntalado. Logo da presión da comunidade educativa, a Xunta accedeu a buscar unha solución que garantira a seguridade da rapazada. Desa maneira, Educación emprendeu traballos de acondicionamento da Escola Fogar. Balseiro destacou que o espazo se preparou “nun tempo récord, nunha semana”.

OBRAS NO COLEXIO

Respecto das obras no colexio, Balseiro lembrou que “xa está pedida a licenza ao Concello” para poder acometelas e que “recentemente” a Consellería “acaba de encargar un proxecto de rehabilitación do colexio”.

“Esperemos que volva a normalidade, esa é a intención da Administración autonómica. Polos datos que me ofrecen parece que así está a ser”, concluíu o delegado territorial da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...