Homesociedade‘Top 12’ das novas máis vistas no 2022

‘Top 12’ das novas máis vistas no 2022

Quitando sucesos relativos a accidentes e falecementos fixemos unha escolma das doce noticias publicadas neste medio dixital que tiveron máis alcance no ano que remata. Doce badaladas, doce novas, a ver se as lembrades?

Publicado o

- Advertisement -

Velaquí as dez novas máis vistas en Xornal de Lemos:

1-As reflexións do axente ambiental, Felipe Castro, sobre os lumes do mes de xullo.

O Courel ardía sen control e facíao nunha situación caótica de moitos frontes abertos e unhas condicións climatolóxicas adversas.

2-Entrevista ao Dr. López Reboiro na que se tratou o tema das carrachas.

Unha nova de moito alcance sendo en Galicia e a zona sur de Lugo territorio propicio para estes temidos ácaros parasitarios que poden transmitir a borreliose.

Dr. Manuel Lorenzo López Reboiro. Foto cedida.

3-O afundimento que cortou a principal comunicación co Courel dende Quiroga.

Foi o 20 de marzo e o corremento de terras afectou gravemente á mobilidade no Courel da parte de Folgoso, tronzando literalmente a estrada LU-651.

4-A historia de Carmen López Rodríguez que volveu dun coma en plena pandemia.

Unha historia curiosa pola situación de quedar en coma antes de que escoitaramos oír falar do coronavirus e pouco tempo despois espertar nun mundo onde o coronavirus era omnipresente…

5-A comparsa de entroido “A chegada da Raíña de Inglaterra a Monforte”.

Foi unha comparsa que levou nada máis e nada menos que un ‘triplete’ no concurso de comparsas do Entroido de Monforte. E resulta tamén paradóxico que tal éxito desta personaxe coincidise co ano do seu falecemento mediático.

A Raíña de Inglaterra., protagonista da comparsa gañadora por partida triple neste desfile de entroido 2022. Foto: Carlos Rueda

6-Entrevista ao escultor da motoserra Jesús Benavides, de Pantón.

O colectivo Segredos de Pantón, deunos a coñecer a unha persoa ben curiosa: Jesús Benavides. Veu de Almería sendo cociñeiro e aquí dedícase á escultura en madeira con motoserra no seu lugar de acollida, a aldea de Cangas, no Concello de Pantón.

7-Reportaxe ao novo xerente do Ruxe-Ruxe de Quiroga.

O seu novo xerente dicíanos que o principal obxectivo era conseguir que se coma ben e a gusto, “que haxa un ambiente aberto e propicio tamén para familias con nenos”. Tamén nos dixo que os nachos e a pizza de polbo estaban triunfando.

8-O anuncio do novo proxecto da farmacéutica Kern Pharma para Monforte.

Segundo a nova publicada, o laboratorio farmacéutico do Grupo Indukern, iniciará no primeiro trimestre de 2023 a construción dunha planta de produtos inxectables en Monforte de Lemos. Anunciábase á prensa que a nova fábrica permitiralle triplicar a súa capacidade de produción e crecer no mercado dos medicamentos éticos e xenéricos, tanto nacional como internacionalmente.

9-Reportaxe sobre a peiteadora e maquilladora Zeltia Mateo, de Quiroga.

Esta rapaza quiroguesa decidiu emprender no rural xusto antes da pandemia, no ano 2019. Tiña vinte e dous anos e, grazas ao empurrón da súa nai, deu o paso para ofrecer os seus servizos de estética e peiteado a domicilio na Comarca de Quiroga.

10-Reivindicación da Serra do Courel como Parque Natural do festival ‘CourelSon’.

“Non máis piñeiros e Parque Natural xa!” era o slogan da Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, organizadora do ‘CourelSon’.

11-Entrevista ao chef arxentino Lucas Busto, do restaurante O Grelo, en Monforte.

O cociñeiro contounos como chegou a Galicia e despois á Ribeira Sacra para terminar ao fronte dun dos restaurantes máis emblemáticos da cidade do Cabe.

12-Campaña de sinaturas para pedir un parque cuberto en Monforte.

A ANPA do CEIP da Gándara puxo a andar alá polo mes de xuño unha petición na plataforma Change.org para buscar apoio popular e solicitarlle despois ao concello que lle puxera cuberta ao parque que se estaba a construír no Barrio do Hospital. O parque quedou inaugurado en outubro e non se atendeu esta demanda.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...