HomesociedadeEntrega en Monforte dos premios 'Cata Patrimonio 2023'

Entrega en Monforte dos premios ‘Cata Patrimonio 2023’

A entrega celebrouse este domingo 18 de xuño no Centro do Viño da Ribeira Sacra e contou coa presenza do alcalde José Tomé Roca. A Cata Patrimonio 2023 tivo lugar o pasado 3 de xuño e recoñece o valor dos viños da D.O. Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mecánica da Cata Patrimonio 2023, celebrada o pasado 3 de xuño e na que colaborou o Concello de Monforte, consistiu nunha cata a cegas na que o xurado –conformado por enólogos de bodegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada– degustaron distintas elaboracións dos viños presentados. A partipación de 52 adegas da D.O. Ribeira Sacra demostra o interese e a importancia do certame, pois supón a presenza de máis do 90% das adegas da zona.

O Alcalde monfortino, José Tomé Roca, subliñou que gracias a eventos como este alcánzase un dobre obxectivo, “promover a Ribeira Sacra e impulsar o traballo e o esforzo das adegas pertencentes a ela, así como a posta en valor da calidade dos nosos viños”. Así mesmo, e despois de resaltar o valor do traballo dos adegueiros da Ribeira Sacra, agradeceu aos organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio animándoos a seguir adiante con iniciativas deste tipo.

VIÑOS PREMIADOS

Brancos Gran Patrimonio: 1. A Cova Volta / 2. Peza do Rei

Brancos Patrimonio: 1. Casa Moreiras / 2. Maga / 3. Ponte da Boga, Albariño / 4. Viña Vella

Rosados Gran Patrimonio: 1. Regina Rosae

Rosados Patrimonio: 1. Cruceiro Rosa / 2. Tareixa

Tintos Gran Patrimonio: 1. Acivro / 2. Ciudaséis

Tintos Patrimonio: 1. Casa Moreiras / 2. Viña Frieira / 3. Estrela / 4. Sabatelius

Outras colleitas Gran Patrimonio: 1. Casa de Outeiro Escudo

Outras colleitas Patrimonio: 1. Guímaro Camiño Real / 2. Tolo de Xisto

Tintos Barrica Gran Patrimonio: 1. Condado de Sequeira CS / 2. Casa de Outeiro Histórico

Tintos Barrica Patrimonio: 1. Sollío Barrica / 2. Viña Peón Barrica / 3. Adega Vella 12 / 4. Viña Frieira Barrica

CONTA ATRÁS PARA O FESTIVAL DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Antes da entrega dos 24 premios ás adegas gañadoras, o Alcalde anunciou que o Concello está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

O rexedor anuncio o importante impulso que se lle deu a esta 5ª edición do Festival, que conta con mais actuacións que ningunha edición anterior, con actividades variadas para pequenos e adultos e coa participación de 30 adegas, que constitúe unha cantidade superior ao resto dos anos, superando en tres adegas o número da última edición de 2022.

O interese por mellorar a programación do Festival con respecto a edicións anteriores vese reflexado, a criterio do alcalde monfortino, no orzamento que se destina para este evento e que este ano superará os 150.000 €.

A información ao detalle do programa do evento está na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...