HomesociedadeO profesor monfortino Javier Saco, novamente nominado aos 'Goya da educación'

O profesor monfortino Javier Saco, novamente nominado aos ‘Goya da educación’

O pasado 15 de novembro aparecía na listaxe de finalistas dos VII Premios Educa Abanca que recoñecen aos mellores docentes de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os VII Premios Educa Abanca para galardoar aos mellores docentes de España 2023 xa deron a coñecer aos 10 finalistas de cada unha das 6 categorías que se teñen en conta. Por segundo ano consecutivo o profesor monfortino do Colexio Escolapios, Javier Saco Fernández, será o único representante galego na categoría de educación Secundaria e Bacharelato.

O 24 de febreiro de 2024, no marco do Congreso Mundial de Educación EDUCA 2024, coñeceranse as posicións definitivas dos candidatos nunha gala que se celebrará na Coruña. Os gañadores e gañadoras recibirán unha estatuiña, un premio económico de 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Os méritos de Javier Saco para chegar ata aquí un ano máis publicáronse xa neste xornal no mes de setembro. Valoráronse, entre outras cousas, os seus proxectos educativos, campañas de concienciación, proxectos audiovisuais, premios recibidos e a innovación.

OUTRO RECOÑECEMENTO PARA O COLEXIO ESCOLAPIOS

Un equipo de estudantes do Colexio Escolapios de Monforte quedou clasificado na 7ª posición da ciberliga organizada pola Garda Civil, cuxa fase final disputouse o pasado 15 de novembro na Academia da Garda Civil de Aranxuez.

Segundo datos proporcionados pola propia organización, nesta primeira edición do certame en modalidade pre-amateur, dirixida ao alumnado de 4° de ESO, concorreron preto de 900 equipos e 4000 alumnos.

“A xornada vivida en Aranxuez foi enormemente proveitosa para todo o alumnado participante, cun extenso programa formado por charlas sobre ciberseguridade e retos prácticos a resolver decate os 30 centros finalistas”, comentan dende o centro de ensino monfortino.

Javier Saco Fernández co equipo participante na Ciberliga. Foto: Cedida polo Colexio Escolapios.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...